(Mª Esther Vázquez, gravación no programa da radio arxentina La Isla)
Fixen parte do xurado cualificador da IX edición dos Premios “Rosalía de Castro”, organizados polo Centro PEN de Galicia, coa colaboración da USC e da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, malia non poder achegarme á última das sesións. Luís González Tosar (presidente do xurado), Xabier Castro Martínez (secretario do xurado), eu propio que fixen algunhas das propostas, Bieito Iglesias, Inma López Silva, Manuel Guede e Manuel Outeiriño, decidimos outorgar os devanditos galardóns a:
• Mª Esther Vázquez (Buenos Aires, 1937). Escritora arxentina de estirpe galega, comezou a súa actividade literaria en 1957 na Biblioteca Nacional, dirixida daquela por Jorge Luis Borges. A partir dese momento o seu nome estará ligado á revista Sur, Victoria Ocampo, Bioy Casares e todo o universo borgiano. Froito desta colaboración son dous ensaios: Introducción a la Literatura Inglesa e Literaturas germánicas medievales. Autora dunha importante obra narrativa (cómpre destacar: La memoria de los días e Crónicas del olvido), logrou grande éxito coas súas biografías Borges, esplendor y derrota (1996) e Victoria Ocampo, el mundo como destino (2002). Columnista de La Nación e premio Feria Internacional del Libro de Buenos Aires (1997).
• José Viale Moutinho (Funchal, 1941). Poeta (cómpre salientar São Coisas tais Efeitos Só do Acaso? (2009), narrador (sete libros de contos) e novelista. Ten destacado polos seus traballos sobre a vida e as obras de Camilo Castelo Branco (2009), Joaquim de Araújo, Trinidade Coelho, Júlio César Machado e António Nobre. Membro de honra da Real Academia Galega, Viale Moutinho é quizáis o escritor portugués con máis vinculación a Galicia.
• Enric Casasses (Barcelona, 1951). Poeta, narrador e dramaturgo, destacando tamén como tradutor, é considerado como un transgresor empeñado en tirar a poesía dos ámbitos formais. Destaca polos seus recitais, nos que prima a música e a sonoridade, o xogo cos fonemas. Considerado herdeiro de autores da categoría de Joan Salvat-Papasseit, Joan Brosse, Joan Vinyoli ou Gabriel Ferrater, a súa obra, orixinalísima, transita do medieval ao surrealismo, do renacemento ao barroco. Premio Crítica Serra d’Or (1992) por La cosa aquella, Sense trofeu e Text llest e Premio da Crítica, poesía catalana (1993), por No hi érem, ten participado en innumerables accións e proxectos culturais de avangarda.
• Miren Agur Meabe (Lekeitio, Bizkaia, 1962). Licenciada en Filoloxía Vasca, foi profesora de ikastola e, desde 1990 desenvólvese no ámbito da xestión editorial. En 1986 publicou os relatos Uneka… Gaba (Por momentos… a noite) e a partir de aí, tres poemarios entre os que destaca Azalaren kodea (O código da pel, 2002), Premio da Crítica. Mais será no ámbito da literatura infantil e xuvenil onde esta autora aporte títulos fundamentais das letras vascas neste xénero: Itsaslabarreko etxea (A casa do cantil, 2001), Bisita (A visita, 2001), Joanes eta Bioletaren bihotza (O corazón de Joanes e Violeta, 2002), Etxe bitan bizi naiz (Vivo en dúas casas, 2003) e Amal (2003), entre outros.
Estes premios, únicos de carácter literario que levan o nome de Rosalía de Castro, a nosa escritora máis universal, foron instituídos polo PEN de Galicia en 1996, a iniciativa de Carlos Casares. O Centro PEN galego quere resaltar esta circunstancia cando se cumpren dez anos do pasamento de quen foi presidente desta institución.
Destinados a galardoar, desde a literatura galega, aos sistemas literarios da nosa veciñanza (autores e autoras relevantes en castelán de España e Hispanoamérica, en portugués de Portugal, Brasil e África, bascos e cataláns), están considerados na actualidade entre os de maior prestixio no ámbito Iberoamericano.
Obtiveron os “Rosalía de Castro”, de carácter bianual e sen dotación económica:
(1ª edición, 1996)
José Saramago, Gonzalo Torrente Ballester, Joan Perucho e Bernardo Atxaga
(2ª edición, 1998)
António Lobo Antunes, Manuel Vázquez Montalbán, Miquel de Palol e Juan Mari Lekuona
(3ª edición, 2000)
Sophia de Mello, José Ángel Valente, Pere Gimferrer e Anjel Lertxundi
(4ª edición, 2002)
Ernesto Sabato, Nélida Piñón, Ricard Salvat e Felipe Juaristi
(5ª edición, 2004)
Rubem Fonseca, Francisco Brines, Carme Riera e Ramón Saizarbitoria
(6ª edición, 2006)
Isabel Allende, Agustina Bessa Luís, Josep Palau i Fabre e Arantxa Urretabizkaia
(7ª edición, 2008)
Álvaro Mutis, Joan Margarit, Mia Couto e Jon Kortazar
(8ª edición, 2010)
Antonio Gamoneda, Francesc Parcesisas, Lêdo Ivo e Itxaro Borda.
A entrega dos premios terá lugar nun acto literario, organizado polo Centro PEN, no Salón Nobre de Fonseca (Reitoría da USC) no próximo setembro.
crebas twitter
-
Artigos recentes
- «Viaxe ao Norte de Alemaña e cidades da Hansa». As crónicas do xornalista e viaxeiro Xosé Ameixeiras
- «Reivindicación dun legado poético da Costa da Morte», artigo en Grial 242
- Lanzamento da edición facsimilar de Estebo, de Xosé Lesta Meis, co estudo introdutorio “Unha voz crítica da emigración galega a Cuba” da miña autoría (Obra de libre descarga)
- «Gaza on fire / Xenocidio televisado», poema na antoloxía de solidariedade Cantos de dor e liberdade
- «Pondal, Martelo e López Abente subiron de novo aos Penedos», a crónica de Xela Cid do roteiro literario polos Penedos de Pasarela e Traba organizado polo Semescom
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2024 | crebas.gal en Que a Terra che sexa leve, Pólvera
- “De rosa antiga” | Tirar do fío en Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Recensión da antoloxía Ara do mar. Poesía a Fisterra, compilada por Alexandre Nerium, en Grial 232 | crebas.gal en Artigo en QPC (XCIII): A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- Florencio Delgado en 12 ligazóns e 2 vídeos | A profa en Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez | crebas.gal en «A Pontragha», un poema inédito na GaZeta (Revista de Agrupacións Poéticas de Base)
Histórico
- Agosto 2024 (1)
- Xullo 2024 (3)
- Xuño 2024 (1)
- Maio 2024 (3)
- Marzo 2024 (1)
- Febreiro 2024 (1)
- Xaneiro 2024 (1)
- Decembro 2023 (2)
- Novembro 2023 (1)
- Outubro 2023 (3)
- Setembro 2023 (1)
- Agosto 2023 (3)
- Xullo 2023 (3)
- Xuño 2023 (1)
- Maio 2023 (1)
- Abril 2023 (1)
- Marzo 2023 (3)
- Xaneiro 2023 (2)
- Decembro 2022 (2)
- Novembro 2022 (1)
- Outubro 2022 (3)
- Setembro 2022 (2)
- Agosto 2022 (1)
- Xullo 2022 (4)
- Xuño 2022 (2)
- Maio 2022 (10)
- Abril 2022 (2)
- Marzo 2022 (1)
- Febreiro 2022 (4)
- Xaneiro 2022 (6)
- Decembro 2021 (2)
- Outubro 2021 (1)
- Setembro 2021 (3)
- Agosto 2021 (1)
- Xullo 2021 (4)
- Maio 2021 (2)
- Abril 2021 (1)
- Marzo 2021 (1)
- Febreiro 2021 (3)
- Xaneiro 2021 (6)
- Decembro 2020 (9)
- Novembro 2020 (8)
- Outubro 2020 (2)
- Setembro 2020 (3)
- Agosto 2020 (2)
- Xullo 2020 (3)
- Xuño 2020 (1)
- Maio 2020 (6)
- Abril 2020 (6)
- Marzo 2020 (5)
- Febreiro 2020 (1)
- Xaneiro 2020 (5)
- Decembro 2019 (3)
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta
Pingback: As crebas » Poemas (L): «Silensi!», de Rosalía de Castro, versión en catalá de Enric Cassases (recitada nos IX Premios Rosalía de Castro do Centro PEN de Galicia)
Pingback: As crebas » Primeiras declaracións do escritor José Viale Moutinho, distinguido polo noso PEN Clube nos Premios Rosalía de Castro 2012 na categoria de Língua Portuguesa