Arquivos mensuais: Febreiro 2013

Breizh, a presentación de Xosé Mª Lema Suárez

(Premer na imaxe para agrandar o tamaño) Agradezo a Xosé Mª Lema Suárez, presidente do Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte (Semescom), a achega deste texto que recolle a súa ben interesante intervención na presentación de Breizh. Presentación de … Sigue lendo

Publicado en Arte, Fotografía, Historia, Humor, Poesía, Presentacións, Tradicións | Comentarios desactivados en Breizh, a presentación de Xosé Mª Lema Suárez

Breizh nas Fervenzas Literarias

(Premer na imaxe para agrandar o tamaño) E ao xeito dun haiku, con brevidade e concisión, así presentan o poemario Breizh (Toxosoutos, 2012) no andel de novidades da páxina de promoción da lectura Fervenzas Literarias, que dirixe Nacho Alonso. Ao xeito dun caderno de … Sigue lendo

Publicado en Poesía, Presentacións | Comentarios desactivados en Breizh nas Fervenzas Literarias

Imaxes da presentación de Breizh

(Premer nas imaxes para agrandar o tamaño) Velaquí unhas imaxes da presentación do meu poemario Breizh (Toxosoutos, 2012), cedidas xentilmente polos “reporteiros” Xesús e María Couceiro da “prestixiosa axencia internacional” Libraría Couceiro. Na mesa, Xosé María Lema Suárez, presidente do … Sigue lendo

Publicado en Fotografía, Poesía, Presentacións | Comentarios desactivados en Imaxes da presentación de Breizh

Breizh no Diario Cultural da Radio Galega

Adoito escoitar moitas tardes entre as tres e as catro da tarde o Diario Cultural, que dirixe a poeta Ana Romaní na Radio Galega, mais por razóns laborais non o podo facer todos os días. Na edición de onte, mércores … Sigue lendo

Publicado en Entrevistas, Poesía, Presentacións | Comentarios desactivados en Breizh no Diario Cultural da Radio Galega

Fran P. Lorenzo: ‘Breizh’, de Miro Villar, amarra cun fío de haikus a fisterra galega e a bretoa

(Premer na imaxe para unha mellor lectura) A presentación ou lanzamento do meu poemario Breizh (Toxosoutos, 2012) o pasado xoves, 7 de febreiro, na libraría Couceiro de Compostela foi recollida ao día seguinte na edición dixital de El Correo Gallego, … Sigue lendo

Publicado en Poesía, Presentacións, Xornalismo | Comentarios desactivados en Fran P. Lorenzo: ‘Breizh’, de Miro Villar, amarra cun fío de haikus a fisterra galega e a bretoa

No, a película de Pablo Larraín sobre a ditadura chilena

(Trailer e unha das escenas da película chilena No de Pablo Larraín) O peche das salas dos Multicines Compostela empobreceu de maneira considerable a posibilidade de ollarmos un cinema diferente ao que asolaga as cartelairas comerciais, de quitado das proxeccións … Sigue lendo

Publicado en Cinema, Documental, Historia, Política, Teatro, Televisión, Xornalismo | Comentarios desactivados en No, a película de Pablo Larraín sobre a ditadura chilena

Antón Zapata García traduciu a Gonzalo López Abente na revista arxentina Caras y Caretas en 1923

(Premer na imaxe para agrandar o tamaño) A recente publicación dos poemas “O castro” e “A miña terra” en Sinfonía Atlántica. Antología General de la Poesía Gallega (edición bilingüe, selección, estudo e tradución de Carlos Clemetson, Madrid, Editorial Eneida, 2013), que … Sigue lendo

Publicado en Estudos literarios, Poesía, Versións ou traducións | Comentarios desactivados en Antón Zapata García traduciu a Gonzalo López Abente na revista arxentina Caras y Caretas en 1923

«No país dos armiños», recensión de Armando Requeixo a Breizh

(Mapa de Breizh. Premer na imaxe para o agrandar) Esta tardiña do xoves, día 7 de febreiro, ás oito, a compostelá Libraría Couceiro vai acoller a presentación ou lanzamento do meu libro de poemas Breizh (Toxosoutos). No acto terán a … Sigue lendo

Publicado en Poesía, Presentacións, Recensións | Comentarios desactivados en «No país dos armiños», recensión de Armando Requeixo a Breizh

Adeus a Manolo Soto, fundador do Festival da Poesía no Condado

(Fotografía de Manolo Soto en agosto do 2009. Fonte: primeiralinha) Hai persoas na nosa nación milenaria que levan ou levaron sempre no seu corazón a Poesía. Tal é o caso de Manolo Soto, a quen despedimos hoxe. Incansable activista político … Sigue lendo

Publicado en Memoria Literaria, Poesía | Comentarios desactivados en Adeus a Manolo Soto, fundador do Festival da Poesía no Condado

Video promocional do XVI Certame de Poesía "Concello de Carral" (2013)

Fermoso o video promocional de pouco máis de tres minutos para publicitar a convocatoria do XVI Certame de Poesía “Concello de Carral” (2013) e co que o seu coordinador, Carlos Lorenzo, vén de abrir unha canle en youtube e outra … Sigue lendo

Publicado en Poesía, Premios | Comentarios desactivados en Video promocional do XVI Certame de Poesía "Concello de Carral" (2013)