Arquivos mensuais: Xaneiro 2013

Poemas (LVI): «A man que non estreitou a túa,…», de Iman Mersal

(Premer nas imaxes para unha mellor lectura) A poeta exipcia Iman Mersal estivo onte en Compostela para presentar o seu libro Caminar cuanto sea posible y otros poemas, unha antoloxía dos seus versos publicada recentemente pola editorial Huerga & Fierro … Sigue lendo

Publicado en Música, Poesía, Versións ou traducións | Comentarios desactivados en Poemas (LVI): «A man que non estreitou a túa,…», de Iman Mersal

Presentación do libro A vaca caníbal, de Marilar Aleixandre

Nos días de lecer do pasado nadal unha das miñas lecturas foi A vaca caníbal (Editorial Galaxia) de Marilar Aleixandre, que me resultou ben agradable de ler e que recomendo non só para a rapazada á que vai dirixido. Alén … Sigue lendo

Publicado en Contos, Humor, Infantil, Tradicións | Comentarios desactivados en Presentación do libro A vaca caníbal, de Marilar Aleixandre

No 50 aniversario da Agrupación Cultural O Facho

Este ano tamén vai ser para a lembranza do 50 aniversario da Agrupación Cultural O Facho, que naceu o 23 de decembro de 1963 na Coruña por iniciativa de dous estudantes coruñeses, Henrique Harguindey Banet e Andrés Salgueiro. Coñecín a … Sigue lendo

Publicado en Contos, Historia, Infantil, Memoria Literaria, Poesía | Etiquetado | Comentarios desactivados en No 50 aniversario da Agrupación Cultural O Facho

«Miro Villar y López Abente», un artigo de Luís Lamela na súa sección «Galicia oscura, Finisterre vivo»

(Fotografía de Luís Lamela, por Víctor Lamela) O meu caro amigo Luís Lamela publica na edición comarcal de Carballo de La Voz de Galicia un artigo (que se pode ler en papel ou tamén nesta ligazón) que relaciona o poeta … Sigue lendo

Publicado en Estudos literarios, Poesía | Comentarios desactivados en «Miro Villar y López Abente», un artigo de Luís Lamela na súa sección «Galicia oscura, Finisterre vivo»

Poemas (LV): «Cabo do mundo», de Jenaro Talens

(Premer na imaxe para unha mellor lectura) Ao fío da campaña para a reapertura do Museo da Pesca de Fisterra, da que nos fixemos eco aquí, resulta insultante, patético e mesmo produce vergonza allea ler hoxe na edición de Carballo … Sigue lendo

Publicado en Antoloxías, Manifestos, Poesía, Política, Versións ou traducións | Comentarios desactivados en Poemas (LV): «Cabo do mundo», de Jenaro Talens

As crebas, na listaxe de Miguel Sande no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia

(Premer nas imaxes para unha mellor lectura) Co remate do 2012 reitéranse as listaxes dos «libros do ano» en moitas publicacións. O escritor (tamén poeta) e xornalista Miguel Sande vén de publicar este sábado 5 de xaneiro do 2012 no … Sigue lendo

Publicado en Antoloxías, Poesía | Comentarios desactivados en As crebas, na listaxe de Miguel Sande no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia

Poemas (LIV): «Castelao», de Antón Zapata García

(Debuxo de Antón Zapata García para o poema “Castelao”) Alfonso Daniel Rodríguez Castelao faleceu o 7 de xaneiro de 1950 no exilio bonaerense. Antón Zapata García, o poeta de Laxe emigrado á Arxentina, escribiu dous sonetos a Castelao, tal e … Sigue lendo

Publicado en Estudos literarios, Historia, Poesía | Comentarios desactivados en Poemas (LIV): «Castelao», de Antón Zapata García

A xente da cultura reclama a reapertura do Museo da Pesca de Fisterra

(Reprodución das dez mini-entrevistas publicadas por La Voz de Galicia, edición de Carballo. Premer na imaxe para unha mellor lectura) Unha reportaxe a dobre páxina do xornalista Juan Ventura Lado recolle na prensa comarcal o noso sentir baixo o epígrafe … Sigue lendo

Publicado en Manifestos | 1 comentario

«Presencia da obra de López Abente», de Salvador Lorenzana (pseudónimo de Francisco Fernández del Riego). Lembranza para o seu centenario

O intelectual galeguista Francisco Fernández del Riego faría hoxe cen anos. Un fragmento da súa autobiografía O río do tempo. Unha historia vivida (Edicións do Castro, 1990), que reproduce hoxe o blogue da Editorial Galaxia, sinala «Nacín, ou nacéronme, no … Sigue lendo

Publicado en Estudos literarios, Poesía | Comentarios desactivados en «Presencia da obra de López Abente», de Salvador Lorenzana (pseudónimo de Francisco Fernández del Riego). Lembranza para o seu centenario

Os exemplares asinados de «Rebelión na charca» fóronse coa «saramaganta» para Noia e Perlío (Fene)

Finalmente concluíu o prazo para participardes no sorteo de dous exemplares asinados do libro infantil Rebelión na charca (Sotelo Blanco, 2012), ilustrado por Ana Santiso. Unha convocatoria que naceu contra a crise (que o é tamén do libro), como promoción … Sigue lendo

Publicado en Infantil, Narrativa, Poesía, Premios | Comentarios desactivados en Os exemplares asinados de «Rebelión na charca» fóronse coa «saramaganta» para Noia e Perlío (Fene)