Arquivos mensuais: Xuño 2012

Os insondables misterios do mundo editorial galego (IV)

Veño de rematar a lectura do libro de relatos Deseo (título orixinal: Dúil), do escritor irlandés Liam O’Flaherty, en traducción desde o gaélico do narrador, poeta e tradutor sevillano Antonio Rivero Taravillo. Publicouno esa excelente editorial que se chama Nórdica Libros … Sigue lendo

Publicado en Narrativa | 1 comentario

Poemas (XLIII): «Haiku», de Patricia Donegan

Esta noite, Como muitas sem amante, Vou fazer pão Enterrando os nós dos dedos Na massa suave Haiku de Patricia Donegan Os haikus ou haicai do meu libro inédito Breizh seguen a escrita máis clásica na forma (estrutura de tres … Sigue lendo

Publicado en Antoloxías, Arte, Poesía | Comentarios desactivados en Poemas (XLIII): «Haiku», de Patricia Donegan

Mont-Saint-Michel liberado das turbinas eólicas pola Unesco

(Le Mont-Saint-Michel vu du ciel en 2011. http://www.projetmontsaintmichel.tv/site/) Mont-Saint-Michel é un lugar fascinante, malia que na miña única estadía non me deixase un magnífico recordo pois, coma din por Fisterra, había xente coma area. Subir e baixar aquelas encostas ateigadísimas … Sigue lendo

Publicado en Arte, Fotografía, Historia, Poesía, Roteiros | Comentarios desactivados en Mont-Saint-Michel liberado das turbinas eólicas pola Unesco

Chega o primeiro aniversario destas crebas, mañá, 28 de xuño

(Crebas, fotografía de Manuel Sendón. Premer na imaxe para agrandar o tamaño) Mañá, 28 de xuño, ás 16,16 horas esta xanela aberta ao mundo fai o seu primeiro ano na arañeira no que se publicaron até hoxe 443 anotacións ou … Sigue lendo

Publicado en Historia | Comentarios desactivados en Chega o primeiro aniversario destas crebas, mañá, 28 de xuño

«Navegacións poéticas» para a pintura de Nolo Suárez

(De esquerda a dereita, eu, Ramiro Vidal Alvarinho, Modesto Fraga a recitar os seus poemas, Rivadulla Corcón e o pintor Nolo Suárez. Fotografía de Alba. Premer nela para agrandar o tamaño) A imaxe é da tardiña do pasado venres, 22 … Sigue lendo

Publicado en Arte, Exposicións, Fotografía, Poesía | Comentarios desactivados en «Navegacións poéticas» para a pintura de Nolo Suárez

Sen esquecermos as bibliotecas no caloroso verán

A chegada do solsticio de verán vai acompañada da moi necesaria e obrigada paréntese no labor profesoral educativo. Nos últimos días sempre lle recomendo ao meu alumnado continuar na lectura por pracer visitando bibliotecas. A dispersión rural do concello de … Sigue lendo

Publicado en Arte, Banda deseñada, Contos | Comentarios desactivados en Sen esquecermos as bibliotecas no caloroso verán

A narrativa mariña, de Gonzalo López Abente (edición de Suso Sambade). Dúas recensións

Un dos alicerces da Fundación López Abente, da que fago parte, é a publicación (ou reedición na maioría dos casos) da obra literaria de Gonzalo López Abente. A última entrega foi o volume A narrativa mariña, en edición literaria do … Sigue lendo

Publicado en Narrativa, Poesía, Recensións | Comentarios desactivados en A narrativa mariña, de Gonzalo López Abente (edición de Suso Sambade). Dúas recensións

Poemas do mar para a nova exposición de Nolo Suárez: mañá, venres, 22 de xuño, na coruñesa Galería Arte-Imagen

(Cartón de convite. Premer na imaxe para agrandar o tamaño) Mañá, venres, 22 de xuño, despois de pasarmos o solsticio de verán, estarei convidado (e non precisamente de pedra) a ler poemas sobre o mar na inauguración da exposición pictórica «Miradas mariñas» do … Sigue lendo

Publicado en Arte, Exposicións, Poesía | 1 comentario

Eduardo Galeano tamén contra a explotación dunha mina de ouro con lixiviado de cianuro en Corcoesto (Cabana de Bergantiños)

(Premer na imaxe para agrandar o tamaño) A pasada semana lembramos nesta anotación que a paisaxe de Corcoesto (Cabana de Bergantiños) está ameazada pola explotación dunha mina de ouro a ceo aberto. E falamos dunha plataforma ambientalista artellada contra esta … Sigue lendo

Publicado en Manifestos | 3 Comentarios

Onte, 16 de xuño, Dublín acolleu os actos do «Bloomsday»

(Primeira edición do Ulysses de James Joyce. Fotografía de David Sillitoe para The Guardian) Máis unha vez, onte, 16 de xuño, as rúas de Dublín acolleron os actos centrais da conmemoración do «Bloomsday» que chegan xa ao seu 108 aniversario … Sigue lendo

Publicado en Encontros, Estudos literarios, Historia, Narrativa, Roteiros, Tradicións, Versións ou traducións | Comentarios desactivados en Onte, 16 de xuño, Dublín acolleu os actos do «Bloomsday»