XIV Encuentro de Poetas Iberoamericanos, en Salamanca


(Premer na imaxe para unha mellor lectura)
Hoxe recibín o convite oficial para asistir ao “XIV Encuentro de Poetas Iberoamericanos” (que na anterior edición homenaxeou ao poeta portugués António Salvado), unhas xornadas que se celebrarán na cidade de Salamanca os vindeiros 5 e 6 de outubro, organizadas pola Fundación Salamanca Ciudad de Cultura. Nesta edición o país homenaxeado será Arxentina, na voz do poeta Hugo Mujica. Aló estaremos algúns autores galegos convidados polo coordinador, que é o profesor e poeta da Universidade de Salamanca (USAL) Alfredo Pérez Alencart. O propio Alencart xa está a preparar unha antoloxía bilingüe castelán-galego para a que xa lle enviei media ducia de textos e como é habitual nesas escolmas un dos poemas vai manuscrito e asinado polo autor. Alencart pediume que fose o soneto “Adán desexa morrer no paraíso de Eva”.

Esta entrada foi publicada en Antoloxías, Poesía, Xornadas. Garda a ligazón permanente.

Unha resposta en “XIV Encuentro de Poetas Iberoamericanos, en Salamanca

  1. Pingback: As crebas » Programa do “XIV Encuentro de Poetas Iberoamericanos” en Salamanca

Os comentarios están pechados.