Sorteo de dous exemplares asinados do poemario Gameleiros, con fotografías de Manuel Álvarez


Se outra volta non vos tocou a lotaría do nadal, poderedes probar sorte coa nosa literatura.
Máis unha vez, como promoción da lectura na nosa lingua (que ben a precisa), contra a crise económica (que o é tamén do libro e que non desapareceu como queren facernos crer), e para celebrarmos que esta bitácora leva xa 1136 anotacións desde que naceu (xuño do 2011), vou realizar un sorteo de dous exemplares asinados do poemario Gameleiros (2002), con fotografías de Manuel Álvarez, en fermosa edición xa descatalogada por Xerais.
BASES
O sorteo é internacional. Poderán participar persoas de todo o mundo que teñan interese pola literatura en lingua galega.
Pregunta
Para participar cómpre dar axeitada resposta a esta sinxela pregunta:
Un dos gameleiros ten por alcume Che, que tamén é o nome da súa embarcación. A que se pode deber esta nomeada?
a) Por ser seareiro do Valencia CF.
b) Polo seu uso do pronome átono de dativo ou CI.
c) Por ser un nome de orixe hebrea.
d) Polo pronome relativo italiano.
e) Por Ernesto «Che» Guevara.
Resposta
As respostas deben enviarse como comentario na propia anotación do blogue crebas.gal,
nun chío coa palabra-chave ou hashtag #CheGameleiros
ou nunha mensaxe directa dirixida á conta de twitter @MiroVillar indicando un enderezo de contacto.
Premios
Dous exemplares asinados do poemario Gameleiros, con fotografías do guardés Manuel Álvarez, sorteados entre todas as respostas que atinen, que levará a sinatura do autor e unha agarimosa dedicatoria especial para a persoa que os gañadores ou as gañadoras sinalen.
Prazo
Desde hoxe mesmo até as 23:59 do cinco de xaneiro do 2017. Boa sorte!

Esta entrada foi publicada en Poesía, Premios. Garda a ligazón permanente.