Sen comentarios: No meu País dos Ananos…


Fotografía sobre o drama da emigración en Galiza, realizada en 1957 por aquel fillo dun fareiro chamado Manuel Ferrol (Cabo Vilán,1923-A Coruña, 2003), de aí que o lugar de nacemento do autor sexa o faro camariñán. Pertence a unha serie feita para unha reportaxe encargada polo Instituto Español de Emigración. As dúas persoas que choran son un pai e seu fillo de Fisterra, seino ben porque non hai moito que lle dei aulas a un dos seus netos no IES Fin do Camiño.
Esta imaxe serve para ilustrar o meu estado de ánimo perante a resposta que o pobo galego expresou “libremente” nas urnas neste País dos Ananos.
E máis nada. Sen comentarios. Saúde!
(Premer na imaxe para agrandar o seu tamaño)

Esta entrada foi publicada en Arte, Fotografía, Historia, Política. Garda a ligazón permanente.