Rebelión na charca xa está no prelo!!!


Hai uns días queixeime nesta bitácora do retraso que levaba a publicación dun conto infantil rimado que intitulei Rebelión na Charca e que lle enviei Sotelo Blanco Edicións no verán do 2007. Por fin esta mañá recibín a boa (magnífica) nova que me confirma que xa entrou no prelo e sairá á rúa a finais deste mes como número 13 da colección Bolboreta. As ilustracións son da autoría de Ana Santiso e pódese ollar un adianto, sen o texto rimado, na bitácora da ilustradora. Número 13. Día de malfado na cultura anglosaxona, venres 13, trouxo para min unha boa nova da que falaremos máis devagar.

Esta entrada foi publicada en Banda deseñada, Contos, Infantil, Lendas e mitos, Poesía. Garda a ligazón permanente.

3 respostas a Rebelión na charca xa está no prelo!!!

  1. Pingback: As crebas » A rebelión na charca, na prensa comarcal

Os comentarios están pechados.