Presentación do libro Dezaseis cancións para voz e piano, editado polo Consello da Cultura Galega en colaboración coa Asociación Galega de Compositores



(Premer nas imaxes para unha mellor lectura)
De aquí a unha semana, o vindeiro xoves, 10 de maio de 2012, a partir das 17 horas, na sé do Consello da Cultura Galega en Santiago de Compostela terá lugar o programa de actos relativos á presentación do libro Dezaseis cancións para voz e piano editado polo propio Consello da Cultura Galega en colaboración coa Asociación Galega de Compositores. Xa comentei nesta bitácora (e recolleuno onte a edición comarcal de La Voz de Galicia, en papel) a presenza dun texto da miña autoría «Negación de Ulises e Teseo», do libro Equinoccio de primavera (Esquío, 1998) grazas ao magnífico labor do compositor Miguel Brotóns. Velaquí o programa da xornada:
17:00 h. Presentación do libro Dezaseis cancións para voz e piano coa intervención de:
Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega
Juan Durán, Sección de Música e Artes Escénicas
17:30 h. A Asociación Galega de Compositores e a música contemporánea en Galicia
(1987-2012)
Relatorio a cargo de Carlos Villar-Taboada, doutor e profesor titular de Historia e
Ciencias da Música na Universidad de Valladolid
18:15 h. Mesa redonda coa participación de:
Miguel Anxo Fernán-Vello, editor e poeta
Carlos Villar-Taboada, Universidad de Valladolid
Margarita Viso, presidenta da Asociación Galega de Compositores
Maximino Zumalave, coordinador da Sección de Música e Artes Escénicas do
Consello da Cultura Galega
19:30 h. Breve intervención musical a cargo do pianista Antonio Queija Uz

Esta entrada foi publicada en Antoloxías, Música, Poesía, Presentacións. Garda a ligazón permanente.