Presentación de Elos de cinza, de Xosé Manuel Lobato, en Sigüeiro (Oroso) mañá venres, 13 (20:30 horas)

Elosdecinza01
No Centro Cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro (Oroso) estaremos mañá venres 13 de novembro ás 20:30 horas para presentarmos a última entrega narrativa do amigo Xosé Manuel Lobato, intitulada Elos de cinza (Ezaro edicións, 2015), a quen xa acompañaramos en Arteixo como se contou aquí. Daquela, como agora, salientarei estes parágrafos tirados da contracapa, ao tempo que vos convido a partillar connosco o lanzamento da obra:
Un avó que narra dende os pousos da memoria, unha antiga deusa descoroada, un legado moi singular herdado por unha saga familiar… e un Espírito Moura senlleiro e orixinal. Estes e outros personaxes achegan folgos e latexan entre as néboas do pasado e as incertezas do presente, para conformaren dúas historias que se entretecen nun relato engaiolante. Unha narración áxil e intensa, onde a natureza configura un escenario sen parangón para que os Elos de cinza sexan ese universo ideal onde transita un…
Espírito imaxinario de halo encantado nunha ánima intanxible, de constante deambular sen parar. A única razón da súa existencia é innata a unhas actuacións inmersas no dinámico ronsel dos nosos devanceiros. Un ser que domina as adversidades e agudiza o enxeño nun maxín imaxinativo protexido nunha bretemosa intriga.
untitled

Esta entrada foi publicada en Narrativa, Presentacións. Garda a ligazón permanente.