Presentación de As bolboretas do Mekong, de Cesáreo Sánchez Iglesias (Compostela: mércores, 13 de febreiro, 19:30 h.)

Boa tarde, benqueridos/as amigos/as:

Achégome até vós para informar e lembrar que este vindeiro mércores, 13 de febreiro, ás 19:30 h. na compostelá Libraría Couceiro presentaremos o libro:

As bolboretas do Mekong, de Cesáreo Sánchez Iglesias (Xerais Poesía)

Acompañan ao autor neste lanzamento, Rosa Aneiros, eu propio e o editor e poeta Fran Alonso.

Agardo que sexa do teu/voso interese e estaremos ben agradecidos e honrados de podermos contar coa túa/vosa presenza nesta celebración poética.

Velaquí un breve adianto do poemario:

O delta do río Vermello. O invisíbel da realidade. Hanoi
a agardar polo tempo. Co seu silencioso transitar
homes e mulleres en bicicleta e peóns, emerxen das imaxes
sen voz dos noticiarios coma auga anónima.
A terra a se facer aínda, Hanoi, palabra que digo
dorida, na miña lingua galega. O tempo fai a cidade.
No xardín as xentes xogan ás cartas, conversan co hoxe,
lembran naquel árido ceo a arder en linguas inflamadas.

Esta entrada foi publicada en Poesía, Presentacións. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta