Poemas (XXX): «Suspensión», poesía sonora do brasileiro Márcio-André


Xa falamos aquí do espectáculo de poesía sonora “Suspensión” do escritor brasileiro e caro amigo Márcio-André, quen o pasado 4 de agosto fixera a estrea mundial da súa performance na fundación Eugenio Granell, artista e poeta surrealista. No seu blogue intradoxos Márcio-André publicou varias fotografías e un video (que reproduzo agora) do seu espectáculo que nos abraiou cos seus sons durante case unha hora. Entre o público pódeseme ollar seguindo de maneira atenta, atrapado pola forza da performance.

Esta entrada foi publicada en Arte, Música, Poesía. Garda a ligazón permanente.