Palestina recoñecida pola UNESCO. Non era sen tempo!


(Muller palestina ao pé dun muro de Gaza. Fonte: cubadebate)
Varios medios de información de todo o mundo, con algunhas opinións en contra (que non merecen comentario) e as máis delas a favor, entre as últimas cubadebate, dan conta da boa nova de que o Consello Executivo da UNESCO celebrou hoxe en París unha sesión histórica ao aprobaren os países membros por maioría unha recomendación para que Palestina se convirta en membro da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura. Un total de 40 países, dos 58 que compoñen o Consello Executivo da UNESCO, asinaron a proposta inicialmente promovida polos países árabes, co apoio doutras nacións do Terceiro Mundo. Porén, votaron en contra países coma os Estados Unidos, Alemaña, Romenía ou Letonia e houbo 14 abstencións: Barbados, Bélxica, República de Corea, Costa de Marfil, Dinamarca, Francia, Grecia, Italia, Xapón, Polonia, Eslovaquia e os minúsculos Mónaco, Santa Lucía, ademais do Estado Español, para a nosa vergoña. E aínda máis, seica un dos líderes do Congreso estadounidense ameazou este mércores con recurtar as achegas do seu país á Unesco se este organismo apoiaba a solicitude da Autoridade Palestina de integrar o organismo cos dereitos dun Estado. O representante republicano Kay Granger e outros congresistas advertiron aos palestinos que perderán a axuda de Washington se manteñen a súa proposta de seren reconocidos como Estado perante a ONU, logo de anos de infrutuosas negociacións co estado sionista de Israel. Por suposto, nós estamos coa maioría dos países da UNESCO no recoñecemento a Palestina. Non era sen tempo!

Esta entrada foi publicada en Historia, Manifestos. Garda a ligazón permanente.