Pa negre, cinema en catalán na previa para os Oscar


Pa negre“, do cineasta balear Agustí Villaronga (un Licenciado en Historia), vén de ser escollida como a película do cinema do estado español que vai aspirar á candidatura do mellor filme estranxeiro nos Oscar de Hollywood e nos premios Ariel mexicanos. Esta nominación xa fai historia porque é a primeira vez que unha película rodada en catalán acada este recoñecemento. Villaronga, un cineasta de culto e cun estilo moi persoal, xa gañou con esta película na cerimonia dos Goya e tamén o denominado Premio Nacional de Cinematografía, do Ministerio de Cultura, por esta historia que versiona a novela do mesmo título de Emili Teixidor. Confeso que a min, cando a vin, a película decepcioume un chisco, se callar polas expectativas coas que acudía. Porén, o meu documentado amigo Xesús González Gómez opina neste artigo, no desaparecido A Nosa Terra, que Teixidor é un excelente escritor e que é moi boa esta novela, que aínda non lin e que ben se podería traducir á nosa lingua, se houbese editores sensibles. O “meu” crítico de cine Carlos Boyero, despois dos Goya, comentou:«Que haya ganado Pa negre, ese veraz, complejo, hondo, violento, estético y sombrío retrato de las barbaries que pueden ocurrir en la posguerra, los abusos de los ganadores y la aterrorizada supervivencia de los vencidos, de la mezcla de luces y sombras que existen en las relaciones de poder, es irreprochable. Es la película más sólida y emotiva que ha rodado ese director siempre inquietante llamado Agustí Villaronga. El trabajo de Nora Navas, Laia Marull, Marina Comas y Francesc Colomer es impecable. También gratamente sorprendente en el caso de esos niños tan espontáneos y creíbles».
En calquera caso unha boa nova para a normalización das minorizadas linguas periféricas. Para cando unha película rodada en galego? Para cando directores emblemáticos do que chaman “cine galego”, que eu non sei o que é, optan por rodar na nosa lingua?

Esta entrada foi publicada en Arte, Cinema, Lingua, Narrativa. Garda a ligazón permanente.