Os exemplares asinados do poemario Gameleiros, con fotografías de Manuel Álvarez, viaxan para Abegondo e A Coruña

As persoas que seguen esta bitácora ou a miña conta de Twitter @MiroVillar puideron participar no sorteo de dous exemplares asinados do poemario Gameleiros (2002), con fotografías do guardés Manuel Álvarez, en fermosa edición xa descatalogada por Xerais, para así celebrarmos un novo ano 2020 e tamén para celebrarmos que esta bitácora leva xa 1343 anotacións desde que naceu (28 de xuño do 2011).

Para participar había que lle dar axeitada resposta a esta sinxela pregunta:
«Lindo», un dos poemas de Gameleiros principia co verso de prestado Roubáronnos o vento. A quen lle debemos a súa autoría orixinal?

a) Álvaro Cunqueiro
b) Rosalía de Castro
c) Alexandre Nerium
d) Manuel Antonio
e) Rafa Vilar

Resposta
As respostas debían enviarse como comentario na propia anotación do blogue crebas.gal,
nun chío coa palabra-chave ou hashtag #LindoGameleiros
ou nunha mensaxe directa dirixida á conta de twitter @MiroVillar

A resposta axeitada obviamente era d) Manuel Antonio.

E houbo 18 respostas que bateron no cravo. Moito me agradaría que todas elas recibisen exemplares do libro Gameleiros mais non era posible e foron sorteados dous entre todas as respostas atinadas. Cada exemplar leva a sinatura do autor e unha agarimosa dedicatoria especial para a persoa que o gañador ou gañadora sinale e esas dúas persoas favorecidas polos fados foron:

@loli_manteiga (Loli Manteiga Gómez, Abegondo), a través do Twitter.
@anxoma (Xosé Manuel Pérez Álvarez, A Coruña), a través do Twitter.

Obrigado, moitas grazas a todas as persoas que participaron no sorteo.

E moitos parabéns ás dúas persoas premiadas e a gozardes coa lectura!

Esta entrada foi publicada en Fotografía, Memoria Literaria, Poesía, Tradicións. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta