O proxecto en microfinanciamento do novo disco de Nacho Mora inclúe musicado o meu poema «Foi nas Illas Lobeiras…»


(Videocreación sobre o meu poema «Foi nas Illas Lobeiras…»)
Resúltame grato anunciar e divulgar nesta bitácora o proxecto en crowdfounding ou microfinanciamento colaborativo do novo disco de Nacho Mora (A Coruña, 1975), Entre as zocas e os lóstregos, que inclúe o meu poema «Foi nas Illas Lobeiras…» xunto a outros textos de poetas galegos, clásicos e contemporáneos, como Eduardo Pondal, Ramón Cabanillas, Álvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro, Uxío Novoneyra, Ana Romaní, Baldo Ramos ou Estíbaliz Espinosa.
Nacho Mora precisa de catro mil euros para a gravación e pódese colaborar nesta ligazón. Unha das cartas de presentación é a fermosa videocreación que adianta a música composta sobre o meu poema «Foi nas Illas Lobeiras…», que figura como oitavo soneto do caderno «De ti e da paisaxe» da miña opera prima, o poemario Ausencias pretéritas (Espiral maior, 1992).
Os meus parabéns polo magnífico tema que deu en crear Nacho Mora. Nada doado musicalizar un soneto, que deseguida reproduzo antes de o facer coa descrición do proxecto realizada polo propio Nacho (antes nas bandas Los Covers, Elephant Band, MEU).
VIII
Foi nas Illas Lobeiras co mar por testemuña
do amor louco no entorno dun mínimo deserto
que escoitamos na noite cantos de desconcerto
a ecoar lonxe na serra, nos penedos da Ruña.
E fumos temerosos dun medo que rabuña
interrompendo os beixos coa dúbida do incerto
de coñecer se a lenda puidese ter de certo
que os lobos descenderan como a xente supuña.
E na nosa incerteza non tivemos de conta
da fronteira das augas para coutar o medo
protexidos por ondas e cons de afiado gume.
Mais a nosa cegueira mudou logo en luz pronta
descubrindo que os urros proviñan do rochedo
no que faro Cee ronxe para as naos dende o cume.
PROXECTO ENTRE AS ZOCAS E OS LÓSTREGOS
Me Presento
Hola, mi nombre es Nacho Mora soy un músico gallego afincado en Madrid, he editado varios discos con mis anteriores bandas (Los Covers, Elephant Band, MEU). Ahora ha llegado el momento de hacer algo diferente…
ENTRE AS ZOCAS E OS LÓSTREGOS
Once poemas, once canciones.
Se trata de retomar la clásica tradición de hacer canciones a partir de poemas de autores gallegos, clásicos y contemporáneos, Eduardo Pondal, Celso Emilio Ferreiro, Ana Romaní, Baldo Ramos, Miro Villar, Ramón Cabanillas, Estíbaliz Espinosa, Álvaro Cunqueiro, Uxío Novo Neyra.
Empecé a trabajar en este proyecto al llegar a Madrid, hace ya poco más de cinco años, a la vez que trabajaba en mi otro nuevo proyecto, Hermosa Beach, con el que había cambiado el inglés por el castellano, así que decidí dar una vuelta más de tuerca y plantearme hacer algo en gallego. En realidad desde que saliera el Manifesto Dobarrista ( aquel disco recuperando las joyas de Andrés do Barro) andaba con el runrun en la cabeza, había que recuperar el gallego en los ámbitos musicales fuera del folk, porque qué demonios, es posiblemente el idioma más bonito y musical que existe!! Así que tras un largo proceso de creación, de hacer, deshacer, rehacer y descartar, llegó el momento de materializarlo en un disco.
Para la realización del mismo he contado con unos músicos increíbles,  Xel Pereda, Luis Rodríguez, Abraham Boba y Manuel Molina, básicamente fueron ellos los que me ilusionaron en hacer realidad este proyecto. Son artífices de grandes discos de Nacho Vegas, León Benavente o Lucas15, ahí es nada. Un lujo.
Grabado en Lloria Estudio, Gijón, y con la producción de Xel Pereda.

A donde irán destinadas vuestras aportaciones
El dinero irá destinado a pagar el estudio de grabación y la edición física en una exclusiva tirada de 300 copias en vinilo y 500 cds. Así como gastos adicionales de iva, sgae, gastos de envío…
Una vez finalizada la campaña de crowdfunding se mandará el disco a fábrica y en cuestión de un mes o dos lo recibirás en tu casa ( o en mano, según tu situación geográfica, los envíos fuera de la península se tratarán personalmente poniéndose en contacto conmigo)
En cuanto a las recompensas, después de darle varias vueltas, he concluido que, llamadme clásico, sólo habrá las correspondientes a vinilo y cd, creo que ya hay suficientes tote bags en el mundo (ver a diario todas las que cuelgan tras mi puerta me ha concienciado de ello) y lo mismo las camisetas u otro tipo de merch.
Gracias a todos!
En primer lugar, gracias por leer estas líneas. Si crees que te puede gustar, adelante! yo le he puesto mucho cariño a todas y cada una de las canciones que forman este disco y confío en que se puedan hacer un hueco en tu reproductor habitual de música.
Salud!

Esta entrada foi publicada en Arte, Música, Poesía. Garda a ligazón permanente.

2 respostas a O proxecto en microfinanciamento do novo disco de Nacho Mora inclúe musicado o meu poema «Foi nas Illas Lobeiras…»

  1. Pingback: As crebas » Apoio ao proxecto Entre as zocas e os lóstregos, o novo disco de Nacho Mora

  2. Pingback: Os versos de Miro Villar musicados en clave indie

Os comentarios están pechados.