(O dolmen de Dombate e tres imaxes das réplicas. Fotografías de B. Romero, para compásdacosta. Premer nas imaxes para agrandar o tamaño)
Os dixitais compásdacosta, quepasanacosta, culturagalega.org, e outros medios están a se facer eco de que xa está aberta (madía leva!) desde hoxe aos visitantes a estrutura que é unha réplica exacta do interior do dolmen de Dombate e que fora encargada pola Deputación da Coruña. Nesta reconstrución reprodúcese a cámara do antigo monumento megalítico ao seu tamaño natural e tamén inclúe os restos das pinturas, bastantes danadas, que se conservan nas súas paredes interiores. As orixinais non poderán ser visitadas xa que poderían danarse.
Teño visitado esta anta ou arca funeraria, o dolmen de Dombate, en ducias de ocasións, creo lembrar que a primeira vez fora co meu amigo antrópologo Manuel Vilarhai xa ben anos e desde aquela retornei en peregrinaxe case anual (algún ano máis dunha vez) para levar visitantes de fóra até aló. Coñecino pois en estado selvaxe, en abandono, nos últimos anos coa presenza dun magnífico guía ás portas, o historiador cabanés Ángel Eiroa, Lito, que non hai moito falaba da súa experiencia no primeiro artigo da excelente serie «Unha visita semanal a Dombate» que Ubaldo Cerqueiro escribiu no dixital quepasanacosta.
Malia as luces e sombras, mais destas que daquelas, que rodearon o proxecto musealizador do dolmen de Dombate, quero deixar o meu grao de area nesta celebración con dous históricos poemas, talvez moito menos coñecidos que os versos de Eduardo Pondal.
O primeiro intitulado «O dólmen» é de Gonzalo López Abente e apareceu publicado no libro Alento da raza (1917), e aínda que non cita expresamente Dombate con certeza foi o monumento megalítico que inspirou os seus versos.
O segundo co epígrafe «O dolmen de Dombate» é un soneto de Antón Zapata García e pertence a súa única obra poética, A roseira da soidade (1954), aínda que antes xa vira a luz na revista Céltiga, Bos Aires, nº 32, 25 de abril de 1926. No mecanoscrito do libro (co que traballamos na Tese de Doutoramento) o subtítulo foi aparentemente borrado polo autor. Subtítulo que tampouco aparece na versión da revista Céltiga, onde se publica precedido dunha fotografía co seguinte pé: «Lage: Dolmen de Dombate», indica «Para “Céltiga”» e reproduce en autógrafo a sinatura A. Zapata García. Por volta de 1936 unha copia mecanografada foille enviada a Filgueira Valverde para a súa fanada Escolma de poesía consultada e que recuperaron aínda hai pouco os profesores Ana Acuña e Xesús Alonso Montero, co título XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE. Os poetas galegos (1936). Antoloxía consultada, Museo de Pontevedra, 2008). Nela, tamén sen subtítulo, despois da rúbrica o poeta engade «1926» como data da escrita do soneto.
Por certo, a aplicación de Google Earth dispoñibilizada polo Consello da Cultura Galega da que falamos na anterior anotación recolle os versos de Eduardo Pondal e este soneto de Antón Zapata García, ilustrados por varias fotografías.
Velaquí ambos e dous poemas:
O DÓLMEN
Moimento imperturbabre: na nobre xuventude,
esta baruda raza frabicando con tolo
entuseasmo, soñando ao morno amor do colo
da moza nai que canta rebolando saúde.
Fervendo en ardor místico, sobiches hastra Dios;
unha oración con moles de granito fixestes,
c’o retombar das pedras sonóu a túa vos,
y-atrás d’unha alma ida chegar ao ceo quixestes.
Forte raza, premite que o espíritu levante
un teu cativo fillo, no pasmo sumerxido,
ollando para un dólmen soberbo y-atrevido,
y-atrevido e soberbo coma un pöeta cante.
Alí está, coma un tempro, na alta cume seréa
d’un facho vixiante, co-a pátina cuberto
dos sigros que pasano, igoal que no deserto
a esfinxe melancónica pra a lexania olléa.
Treman os liquens pálidos nas pétreas vestiduras
d’esta oración subrime que os antigos rezaron,
e cando o vento funga nas prefundas costuras,
parez que conta históreas dos tempos que pasaron.
Os penedos inxentes arrescenden á hucha
de pazo medéoeval, e son a letra santa
de frase mistereosa que, coma unha frol mucha
pol-o sol abrasada, cara o sol se levanta.
Cando na tarde queda borda o sol no oucidente,
sobre do cañamazo azul e trasparente,
as creacións subrimes da eterna fantesía,
brila o dólmen coma unha cróa de pedrería.
O crepúsculo viste o altare da montana
c’os sagrados encaixes de subrime artificio,
frabicados con nubes de escarlata e de grana,
para ofrecere aos dioses solemne sacrificio;
y-estonces esa mole de penedos xigantes,
erguido ao ceo, paresce un pontifice sumo,
fervoroso ofrecendo as oracións vibrantes
que soben en douradas espirales de fumo.
Gonzalo López Abente
O DOLMEN DE DOMBATE
(D-UNHA COSTUME DANZAL CELTA:
A ROLDANZA)
AO sôn das graves arpas dos bardos de Briganza,
e darredor do dolmen cinguido de druídas,
baixo o craror da lúa, en roldas ben tecidas,
as celtas virxinaes bailaban a roldanza.
As súas cantareas d-arela, fide e espranza,
voaban pol-a gandra, câl pombas tremecidas;
e, brancas e lanzales, finxían margaridas
brandéndose cô sopro da bris da venturanza.
D-aqueles nobres tempos —¡ouh, dolmen de Dombate!—,
sô tí quedache ergueito, dempóis do fero embate
que os lobicóns de Roma levano ao teu solar;
mais, se de nuite a lúa tece seu albo sayo
cabo de tí, dí a xente que vái pra LAXE ou Bayo,
que vío bultos brancos ao teu redor bailar!
Antón Zapata García
crebas twitter
-
Artigos recentes
- Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Artigo en QPC (CII): Camariñas, Carnota, Cee, Mazaricos e Muros no libro Os mestres mortos daquel verán, de Narciso de Gabriel
- «Decembro de cegoñas», un ecopoema contra o cambio climático. Alguén que respira! VI Festival de Poesía para Corpo Principal
- Artigo en QPC (CI): “a morte do sol en Fisterra”, un poema de Salvador García-Bodaño
- 70 minutos: Ricardo Gurriarán e Miro Villar analizan a figura de Florencio Delgado Gurriarán
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- “De rosa antiga” | Tirar do fío en Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Recensión da antoloxía Ara do mar. Poesía a Fisterra, compilada por Alexandre Nerium, en Grial 232 | crebas.gal en Artigo en QPC (XCIII): A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- Florencio Delgado en 12 ligazóns e 2 vídeos | A profa en Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez | crebas.gal en «A Pontragha», un poema inédito na GaZeta (Revista de Agrupacións Poéticas de Base)
- Feliz Idade, de Olga Novo – Club de Lectura do Porriño en Recensión a Feliz Idade, de Olga Novo, en Grial 222
Histórico
- Maio 2023 (1)
- Abril 2023 (1)
- Marzo 2023 (3)
- Xaneiro 2023 (2)
- Decembro 2022 (2)
- Novembro 2022 (1)
- Outubro 2022 (3)
- Setembro 2022 (2)
- Agosto 2022 (1)
- Xullo 2022 (4)
- Xuño 2022 (2)
- Maio 2022 (10)
- Abril 2022 (2)
- Marzo 2022 (1)
- Febreiro 2022 (4)
- Xaneiro 2022 (6)
- Decembro 2021 (2)
- Outubro 2021 (1)
- Setembro 2021 (3)
- Agosto 2021 (1)
- Xullo 2021 (4)
- Maio 2021 (2)
- Abril 2021 (1)
- Marzo 2021 (1)
- Febreiro 2021 (3)
- Xaneiro 2021 (6)
- Decembro 2020 (9)
- Novembro 2020 (8)
- Outubro 2020 (2)
- Setembro 2020 (3)
- Agosto 2020 (2)
- Xullo 2020 (3)
- Xuño 2020 (1)
- Maio 2020 (6)
- Abril 2020 (6)
- Marzo 2020 (5)
- Febreiro 2020 (1)
- Xaneiro 2020 (5)
- Decembro 2019 (3)
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta