Novo vídeo do lanzamento no CEIP do Foxo da reedición da novela O nariz de Fiz

Chegoume esta montaxe videográfica, que recollín na miña canle de vimeo e que foi un dos presentes cos que me agasallou o alumnado do colexio público CEIP do Foxo para saudar o lanzamento da reedición da novela O nariz de Fiz, con ilustracións de Emanuel Lameña.

Desta volta trátase dunha excelente “performance” coral creada a partir da miña biobibliografía e máis unha vez agradezo ao escritor e mestre Xosé Luna Sanmartín e ao resto do profesorado a súa implicación neste traballo. Moitas grazas!

Esta entrada foi publicada en Gravacións, Infantil, Narrativa, Presentacións. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta