(Cartaz da convocatoria. Premer na imaxe para agrandar o tamaño)
A Mesa Pola Normalización Lingüística vén de convocar un acto de apoio ao Regulamento de promoción do uso do galego no Concello de Cee, que foi rexeitado no último Pleno. Para este acto, que vai ter lugar o domingo 15 de novembro ás 12h, diante do Concello de Cee, participei na redacción deste Manifesto que xa conta con moitas adhesións, nomeadamente de xente da cultura e doutros ámbitos da Costa da Morte, e que tamén se pode partillar aquí. E ao que seguirá o luns unha táboa redonda na Casa da Cultura, que contará coa presenza da sociolingüísta e profesora da UdC Pilar García Negro, da profesora de dereito da USC Alba Nogueira López, de Nel Vidal Barral, presidente da Coordinadora de Traballadores e Traballadoras de Normalización da Lingua, e Marcos Maceira, presidente da Mesa.
Manifesto
QUEREMOS GALEGO NA ADMINISTRACIÓN LOCAL DE CEE!
Gonzalo López Abente, sobranceiro escritor e académico muxián, traballador da banca «depurado» polos franquistas polo seu galeguismo, foi quen de reivindicar a defensa do uso da nosa lingua aínda en pleno vigor do réxime, cando o 27 de xullo do 1941 pronuncia en galego o seu discurso de entrada como membro numerario na Real Academia Galega (RAG) no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela, co título A Terra e a poesía de Eduardo Pondal. Nun dos seus parágrafos sobre o uso da nosa lingua afirma:
«Non usala nesta hora adicada á sua recordanza non sería doado, mais ben sería un pecado cometido contra o Bardo e contra a terra en que se erguéu altivo e sonoroso como un pino lanzal. (…) que non caia sobre nós a sua condenación cando excrama irado:
A lingua tiveran,
por lingua de escravos;
esqueceran os patrios acentos,
suidosos e brandos,
dos propios acentos,
tiveran vergonza.»
Gonzalo López Abente aínda conservaba o espírito das Irmandades da Fala (1916), entidades das que axiña imos conmemorar o seu centenario, que naceran para visibilizar a nosa lingua en todas as vilas e cidades galegas, na procura de novos ámbitos de prestixio, de socialización e de uso.
A día de hoxe existen outros colectivos e persoas (dos propios acentos, / tiveran vergonza) que se encabuxan en lle poñer atrancos aos temesiños avances da nosa lingua, como é o caso de quen teima en frear unha ordenanza que pretende a normalización do galego no concello de Cee e para iso fan uso de cativos e trapalleiros argumentos sobre a suposta marxinación do castelán.
Unha ordenanza que só pretende favorecer actitudes positivas a prol da normalidade no uso da lingua galega, que os máis recentes inquéritos oficiais sinalan en constante devalo no seu uso, por mor da ausencia de medidas e de políticas de protección.
De pouco serve que todos os partidos con representación parlamentaria asinasen unha Declaración de Unidade a prol da normalización da lingua galega, na que se insta a votar a favor do impulso mínimo á nosa lingua galega para desenvolver disposicións legais como a Lei de Normalización Lingüística, a Carta Europea das Linguas, a Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos, ou o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (PXNL), que se aprobou por unanimidade no Parlamento galego.
De pouco serve se isto non vai acompañado de políticas activas, que promovan o empoderamento da lingua galega, para a converter en lingua de comunicación habitual na administración e nos servizos públicos, na educación, na sanidade, na xustiza, nos medios de comunicación, no comercio, na industria ou en calquera ámbito.
Hai que darlle a volta ao menosprezo de quen queren coutar a nosa lingua máis unha vez ao ámbito coloquial e familiar, coma acontecía no franquismo, e para iso cómpre defendermos os dereitos lingüísticos con lexislación como a proposta para a súa aprobación no concello de Cee e, despois, con medidas activas e orzamentos axeitados para facermos do galego un idioma natural na súa comunidade de falantes.
Caso contrario, han continuar os prexuízos sobre o uso da nosa lingua que están a favorecer a perda da súa transmisión interxeracional e, como consecuencia, a desgaleguización dunha parte da nosa mocidade e da sociedade no seu conxunto.
Como xa ben dicía Gonzalo López Abente, nun artigo publicado na revista Nerio (Corcubión, 1921): «A fala nai, abafada moitas veces por fillos desleigados, e esquecida as máis, por fillos inconscentes; uns e outros desexosos, ao parecer, de dar terra á vella que aínda gusta das tradicións e do arrescendor das mazáns gardadiñas nas lacenas, antre a roupa branca».
QUEREMOS GALEGO NA ADMINISTRACIÓN LOCAL DE CEE!
Promoven este manifesto:
Miro Villar. Escritor e autor do texto do manifesto.
Xoán B. Alborés Tajes. Arquitecto.
Suso Bahamonde Trillo. Escritor.
Concha Blanco. Escritora.
Francisco Caamaño Domínguez. Catedrático de Dereito Constitucional UV.
Martín Caamaño Santamaría. Delegado persoal Carrefour Cee.
Manuel Calo Canosa. Técnico de Deportes.
María Canosa Blanco. Enxeñeira de camiños, canais e portos.
Antonio Casais Domínguez. Actor.
Joaquín Casais Louro. Presidente Comité de empresa Stolt Sea Farm.
Fernando Castro Ézara. Delegado sindical Ferroatlántica.
Ubaldo Cerqueiro. Editor xornal dixital Que pasa na costa (quepasanacosta.gal).
Mª Carmen Díaz Freire. Concelleira de Deportes Cee.
Fátima Domínguez Louro. Expresidenta AC Pedras Miudas.
Serxio Domínguez Louro. Concelleiro BNG- Cee.
Inés Fraga. Xerenta de Cabanas de Lires.
Modesto Fraga. Escritor.
José García Andrade. Presidente comité persoal laboral concello de Cee.
Francisco Hermida Abelleira. Xornalista.
Serxio Iglesias. Profesor secundaria.
Xosé Iglesias Lamela. Mariñeiro e escritor.
María Lado Lariño. Escritora.
Xosé Mª Lema Suárez. Historiador.
Alexandre López Romero. Reponsábel da Mesa pola Normalización Lingüísitica- Costa da Morte.
Ana Lestón Gallardo. Delegada persoal de Cee área sanitaria da Coruña.
José García Andrade. Presidente comité persoal laboral Concello de Cee.
Braulio Montero Pampín. Presidente AC Pedras Miudas.
Rafael Mouzo Lago. Mestre xubilado.
Alfonso Mouzo Trillo. Delegado persoal Ferroatlántica Cee/Dumbría/Central.
Alba Nogueira López. Profesora Dereito administrativo USC.
Iolanda Otero Barroso. Xornalista.
Beatriz Pérez Cañizo. Arquitecta.
Pedro Pérez Traba. Delegado persoal Ferroatlántica Cee/Dumbría/Central.
Mercedes Rodríguez Fraga. Técnica Normalización Cee.
Viki Rivadulla. Pintora.
Henrique Rivadulla Corcón. Escritor.
Xavier Santos Canosa. Secretario Unión Local CIG- Cee.
Francisco Souto. Escritor.
Artur Trillo Sendón. Actor e dramaturgo.
Miguel Vázquez Freire. Filósofo.
José Vieites Ferreiro. Secretario comité persoal laboral concello de Cee.
Manuel Vilar Álvarez. Historiador.
Rafa Vilar. Escritor.
crebas twitter
-
Artigos recentes
- Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Artigo en QPC (CII): Camariñas, Carnota, Cee, Mazaricos e Muros no libro Os mestres mortos daquel verán, de Narciso de Gabriel
- «Decembro de cegoñas», un ecopoema contra o cambio climático. Alguén que respira! VI Festival de Poesía para Corpo Principal
- Artigo en QPC (CI): “a morte do sol en Fisterra”, un poema de Salvador García-Bodaño
- 70 minutos: Ricardo Gurriarán e Miro Villar analizan a figura de Florencio Delgado Gurriarán
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- “De rosa antiga” | Tirar do fío en Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Recensión da antoloxía Ara do mar. Poesía a Fisterra, compilada por Alexandre Nerium, en Grial 232 | crebas.gal en Artigo en QPC (XCIII): A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- Florencio Delgado en 12 ligazóns e 2 vídeos | A profa en Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez | crebas.gal en «A Pontragha», un poema inédito na GaZeta (Revista de Agrupacións Poéticas de Base)
- Feliz Idade, de Olga Novo – Club de Lectura do Porriño en Recensión a Feliz Idade, de Olga Novo, en Grial 222
Histórico
- Maio 2023 (1)
- Abril 2023 (1)
- Marzo 2023 (3)
- Xaneiro 2023 (2)
- Decembro 2022 (2)
- Novembro 2022 (1)
- Outubro 2022 (3)
- Setembro 2022 (2)
- Agosto 2022 (1)
- Xullo 2022 (4)
- Xuño 2022 (2)
- Maio 2022 (10)
- Abril 2022 (2)
- Marzo 2022 (1)
- Febreiro 2022 (4)
- Xaneiro 2022 (6)
- Decembro 2021 (2)
- Outubro 2021 (1)
- Setembro 2021 (3)
- Agosto 2021 (1)
- Xullo 2021 (4)
- Maio 2021 (2)
- Abril 2021 (1)
- Marzo 2021 (1)
- Febreiro 2021 (3)
- Xaneiro 2021 (6)
- Decembro 2020 (9)
- Novembro 2020 (8)
- Outubro 2020 (2)
- Setembro 2020 (3)
- Agosto 2020 (2)
- Xullo 2020 (3)
- Xuño 2020 (1)
- Maio 2020 (6)
- Abril 2020 (6)
- Marzo 2020 (5)
- Febreiro 2020 (1)
- Xaneiro 2020 (5)
- Decembro 2019 (3)
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta
Non dés a esquecemento,
Da injuria o rudo encono;
Mas, sós os ignorantes,
E férridos e duros,
Imbéciles e escuros
No-nos entenden, non.
Queremos galego! Em todo o lado a todas horas.
Sen pestanexar!!!
claro que subscrevo .estou convosco na “nossa” Língua .um abraço ibérico
Aí vai a miña adhesión tamén.
Eu tamén quero galego na administración local de Cee.
Xosé Luís Martínez Pereiro,
escritor e humorista gráfico
Aí vai a miña adhesión.
Aí vai a miña adhesión incondicional.