Lembranza nun artigo de Luís Lamela do militante comunista José Manuel Moledo Rodríguez asasinado en 1936

MoledoRodríguez
(Fotografía tirada do mural de Luís Lamela García)
Nunca hei cansar de ter palabras de loanza para o inxente e encomiable labor do noso amigo Luís Lamela García á hora de divulgar a nosa historia contemporánea, en particular nos aspectos que teñen a ver coa Costa da Morte. Outras mans amigas veñen de me facer chegar unha das súas últimas anotacións no seu mural de facebook, unha rede social que Luís Lamela está a utilizar con frecuencia para popularizar o avanzo das súas investigacións, desta volta sobre a memoria histórica e republicana dun dos «paseados», o militante comunista boirense José Manuel Moledo Rodríguez, asasinado o 16 de agosto de 1936 en Hervés, Beira (Carral), do que fai esta semblanza:
«José Manuel Moledo Rodríguez estuvo casado con la maestra Fina Trapote Paz, de Corcubión. Residió en A Coruña en la calle Curro y trabajó como empleado en una farmacia de la calle San Andrés. José Manuel era socio del Casino Republicano, representante del Socorro Rojo Internacional y militante del Partido Comunista. En el fatídico verano de 1936, en días de odio e intolerancia fascista, fue “paseado” por miembros de la Guardia Civil y de la Falange Española en tierras del concello de Carral, en la parroquia de Veira y enterrado después en una fosa común. Su “delito”: poseer una ideología distinta a la de sus asesinos.
José Manuel Moledo es uno de esos miles de españoles que siguen olvidados por esta democracia sin memoria. Lo mismo que otros vecinos de A Costa da Morte que siguen también enterrados en fosas comunes o permanecen aún desparecidos -Mercedes Romero, Cipriano Fernández, Victorino Blanco Fiuza, Manuel Alborés, Andrés Balsas, José Campa, A Pimpana…-. En el caso de Moledo, sus familiares de Corcubión acudieron el pasado viernes, día 30, al lugar en donde se supone está enterrado, ofreciéndole un sencillo y sentido homenaje colocando unas flores sobre la supuesta fosa común. Sin duda alguna, Moledo y todos los Moledos, que siguen en las cunetas, merecen un recuerdo así. Pero deberían recibirlo en el lugar en el que descansan los restos de aquellos que les amaron en vida, una derecho que los actuales gobernantes, herederos ideológicos del Movimiento Nacional, les niegan».
Luís Lamela García é o autor de moitas obras de investigación ou da novela histórica Escapado. Do monte Pindo ao exilio pasando pola illa de San Simón (Xerais, 2009), e na súa Crónica de una represión en la Costa da Morte: Cee, Vimianzo, Ponte do Porto, Corcubión, Fisterra, Zas… (da desaparecida Edicións do Castro, 1995) colaborei a solicitude do seu autor cun soneto inédito que escribín ad hoc para servir de pórtico ao capítulo onde se narra a represión en Cee, que remataría co asasinato de varios veciños da miña vila, os sindicalistas Norberto Recamán LagoJosé Lago FernándezTeófilo Mejuto LeisPerfecto Trasmonte CostaJesús Chouza FigueiraFlorentino Canosa BarreiroManuel García Castiñeiras e Domingo López Domínguez foron condenados a morte por un tribunal militar.
Reproduzo máis unha vez soneto na memoria dos asasinados que figura no pórtico do primeiro capítulo do seu libro sobre a represión na Costa da Morte. Velaquí:
1936
Naquel verán soturno, de sol pálido e tordo,
Cee pobouse de anguria, queimadura que medra
e estraga sentimentos que a represión empedra
deitando sangue quente co seu buligar xordo.
Houbo debilidade, soterrando o recordo,
gravado e lacerado no silencio da pedra,
cos corpos do futuro cubertos só por hedra
de onde naceron luces, palabras no balbordo.
Amouse a terra fértil, húmida daquel sangue,
onírico desexo que en nós vive e rebenta
e soñouse insubmisa, memoria turbulenta
da diáspora antiga que o pretérito abrangue.
Viñeron tempo ermos e tempos de decrúa
e o sangue foi semente da liberdade núa.

Esta entrada foi publicada en Efemérides, Historia, Poesía, Política. Garda a ligazón permanente.