Jean-Philippe Toussaint tamén en galego


(Foto tirada da Editorial Galaxia)
E de cando en vez a nosa lingua tamén é protagonista de boas novas. Desta volta a cousa chega de fóra e souben dela polo blogue da Editorial Galaxia, que sigo amiúdo con interese. Pois ben, o escritor belga Jean-Philippe Toussaint acaba de poñer tamén en galego a súa páxina web, con información sobre as súas dúas novelas que foron traducidas á nosa lingua, Fuxir e A verdade sobre Marie, que publicou Galaxia en versión das irmás Carmen e Mª Dolores Torres París. Alén diso, inclúe unha pequena biobibliografía, así como algunhas entrevistas, entre elas a que lle fai Hugo Martínez e que podemos ler aquí, no último número da revista Grial. Os nosos parabéns a Toussaint por esta mostra de afecto e sensibilidade, que non adoita ser habitual.

Esta entrada foi publicada en Entrevistas, Narrativa, Versións ou traducións. Garda a ligazón permanente.