II Praza dos Libros de Muxía: 2, 3 e 4 de agosto


(Premer na imaxe para agrandar o tamaño)
Os próximos días 2, 3 e4 de agosto vai ter lugar no paseo marítimo a II Praza dos Libros de Muxía (o ano pasado denominouse 1º Outlet de Libros de Muxía e desenvolveuse na praza do Cabo da Vila). Os Editores de Compostela (agrupación conformada polas editoriais Alvarellos, Contos Estraños, Positivas, Sotelo Blanco e Urco) partillan a organización destas xornadas coa Fundación Gonzalo López Abente e contan coa colaboración do concello de Muxía.
Desta volta, serán Contos Estraños e Urco editora quen se encarguen da organización en representación dos Editores de Compostela desta II Praza dos Libros de Muxía. No cartaz anuncian para o sábado 3 varias presentacións express:
Galiza Mutante: Poder NuclearTomás González Ahola
Contos de soños e sombras César Ariza
As crónicas de Bran: A revolta dos mestres – Xosé Duncan
O mundo secreto de Basilius Hoffman – Fernando M. Cimadevila

Esta entrada foi publicada en Arte, Banda deseñada, Biografía, Contos, Ensaio, Estudos literarios, Historia, Infantil, Lendas e mitos, Lingua, Literatura medieval, Música, Narrativa, Poesía, Política, Presentacións, Teatro, Versións ou traducións. Garda a ligazón permanente.