Fotografías do XIV Encuentro de Poetas Iberoamericanos en Salamanca




(Premer nas imaxes para agrandar o seu tamaño)
O desenvolvemento do XIV Encuentro de Poetas Iberoamericanos en Salamanca ocupou xa tres notas nesta bitácora.
Poemas (XV): Como el mar, de Hugo Mujica
Na homenaxe ao poeta Hugo Mujica en Salamanca
Programa do XIV Encuentro de Poetas Iberoamericanos en Salamanca
Hoxe recollín na caixa de correo un dossier de prensa sobre as xornadas e un disco que inclúe unha galería fotográfica da que selecciono estas tres imaxes:
Na primeira e na segunda realizo a lectura dos meus poemas, nesta pódese ollar a mesa presidencial co poeta arxentino Hugo Mujica, a ex-concelleira de Cultura de Salamanca e o poeta peruano Alfredo Pérez Alencart, alma mater desta celebración poética. Na terceira, un grupo dos poetas participantes o día que visitamos o Ayuntamiento de Salamanca onde Hugo Mujica foi nomeado “Huésped Distinguido de la Ciudad de Salamanca”, nela de esquerda a dereita figuran Alfredo Pérez Alencart; Pedro Tarquis; Pilar; a cubana Milena Rodríguez; José Antonio Valle Alonso; eu propio (detrás); Hugo Mujica; a venezolana Cristina Falcón Maldonado e o compañeiro da escritora cubana, do que non consigo lembrar o nome). Engado un novo poema de Hugo Mujica.

HACE APENAS DÍAS

Hace apenas días murió mi padre,
hace apenas tanto.

Cayó sin peso,
como los párpados al llegar
la noche o una hoja
cuando el viento no arranca, acuna.
Hoy no es como otras lluvias
hoy llueve por vez primera
sobre el mármol de su tumba.
Bajo cada lluvia
podría ser yo quien yace, ahora lo sé,
ahora que he muerto en otro.

Esta entrada foi publicada en Encontros, Fotografía, Poesía. Garda a ligazón permanente.

Unha resposta en “Fotografías do XIV Encuentro de Poetas Iberoamericanos en Salamanca

  1. Pingback: As crebas » Na bitácora As escollas electivas

Os comentarios están pechados.