Fotografías do acto de conmemoración do 126 pasamento de Rosalía de Castro


Na primeira fotografía os poetas Marilar Aleixandre, Francisco “Chisco” Fernández Naval, Chus Pato, Xosé Vázquez Pintor e eu propio (nesa altura aínda non chegara Vicente Araguas que se habia incorporar máis tarde). O “reporteiro gráfico”, que me fixo chegar varias imaxes do acto e que desta volta non interveu na lectura, foi o tamén poeta Xesús Rábade Paredes.
Na segunda fotografía realizo a lectura do poema “Saudades” (da que xa dei conta aquí nesta casa), coa atenta ollada das autoridades académicas e políticas, agás o novo alcalde de Santiago de Compostela, Gerardo Conde Roa, que estivo ido durante toda a xornada, non só na miña lectura. E iso que eu non son meu irmán Rafa Villar, concelleiro nacionalista que lle fai oposición ao seu “labor” de goberno na cámara municipal.

Esta entrada foi publicada en Antoloxías, Encontros, Poesía, Presentacións. Garda a ligazón permanente.