Fisterra e Muxía na cámara de Manuel G. Vicente



Sabía da obra do fotógrafo vigués Manuel G. Vicente (a quen non coñezo persoalmente) polas súas habituais colaboracións co escritor Fran Alonso, das que lembro especialmente as fotografías de Territorio ocupado, unha intensa crónica humana, entre o periodismo e a literatura, sobre o conflito saharauí. Nestes días debeu andar pola nosa Costa da Morte, pois na súa bitácora recolle senllas imaxes de Fisterra e de Muxía (e tamén doutros lugares nosos) que levan o seu persoal selo de autor, cunha ollada cativadora e diferente. Non me resistín a reproducilas. Teño razón, non é?

Esta entrada foi publicada en Fotografía. Garda a ligazón permanente.