#euRosalía. Eu tamén Rosalía


(Fotografía tirada polo poeta Xesús Rábade Paredes na casa da Matanza na homenaxe de xullo de 2011)
Onte, entre as abandosas e suxestivas actividades realizadas para conmemorar o 150 aniversario da publicación de Cantares gallegos (1863), a Fundación Rosalía de Castro chamaba a realizarse unha autofoto ou selfie. Non tiven ocasión de o facer, e non só por pudor, así que hoxe reproduzo a fotografía máis rosaliá da miña colección, aínda que non é unha autofoto, que data de xullo de 2011, con ocasión da conmemoración do 126 aniversario do seu pasamento.
Velaquí o chamado que realizaba a Fundación Rosalía de Castro.
#EUROSALÍA
O 24 de febreiro rematan as celebracións do 150 aniversario da publicación de Cantares gallegos. Queremos propoñer unha acción colectiva en Internet que integre á maior xente posible, tanto en Galicia coma no resto do mundo.
Trátase de que o día 24 todos e todas nos fagamos unha autofoto (un ‘selfie’, como se chama agora) con calquera cousa relacionada con Rosalía (cun libro dela, a carón dunha estatua, dunha placa, dunha camisola…), a comparta nas redes sociais e, se queren, nola pasen, para publicármola tamén nós no noso FB/Twitter. [Se así o queren, enviádenola a este mail: fundacionrosaliadecastro@gmail.com]
Podedes colgala no Facebook e no Twitter co hashtag #euRosalía, de forma que sexa fácil de atopar para todos/as.
Animádevos a partipar! #euRosalía!!!

Esta entrada foi publicada en Memoria Literaria, Poesía. Garda a ligazón permanente.