Entrevista no podcast «Descifrando a Historia» sobre a biografía e a obra poética de Florencio Delgado Gurriarán

Co adaxo do Día das Letras Galegas, o 17 de maio o programa en podcast «Descifrando a Historia», que realiza David Gesteira, emitiu senllas entrevistas a Ricardo Gurriarán e a min propio para falarmos sobre a biografía e a obra poética de Florencio Delgado Gurriarán.

Na primeira parte Ricardo Gurriarán lembra episodios fundamentais biografía, con chiscadelas á súa obra literaria, aspecto no que eu profundei en resposta a unha serie de cuestións formuladas polo condutor do programa ao abeiro da publicación do libro Florencio Delgado Gurriarán: vida e obra dun poeta no exilio mexicano (Xerais, 2021).

O podcast coas entrevistas está dispoñibilizado na rede:

https://go.ivoox.com/rf/87117504

Esta entrada foi publicada en Biografía, Efemérides, Entrevistas, Estudos literarios, Gravacións, Historia, Lingua, Memoria Literaria, Poesía, Política, Radio. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta