E xa vai un ano sen a voz de Labordeta


O paso do tempo é inexorable. Xa vai un ano desque nos deixou o cantautor e poeta aragonés José Antonio Labordeta (que tamén foi un dos mellores políticos de esquerdas, representando á Chunta no parlamento español, onde fixo intervencións memorables como esta). Naquela altura facer esta bitácora nin sequera roldaba a miña cabeza, así que agora fágolle a miña homenaxe co video da súa canción que máis me aprace “Somos”, aínda que ten moitas outras sublimes. Labordeta chegou a min, coma outros cantautores, na adolescencia, primeiro nunha desas fitas de cassette que acabou por se perder de escoitarse unha e outra vez e que trouxera a casa o meu irmán maior Ramón. Máis tarde fun mercando os seus novos discos e através do cantautor descubrín tamén ao seu irmán poeta, Miguel Labordeta, morto de maneira prematura e que na miña opinión está moi esquecido. Sobre o cantautor hai moitas páxinas interesantes na rede, mais a min gústame moitísimo toda a compilación que fixo RTVE e que inclúe tamén un dos seus últimos actos públicos. E do seu irmán Miguel déixovos este poema, absolutamente magnífico:
RETROSPECTIVO EXISTENTE
Me registro los bolsillos desiertos
para saber dónde fueron aquellos sueños.
Invado las estancias vacías
para recoger mis palabras tan lejanamente idas.
Saqueo aparadores antiguos,
viejos zapatos, amarillentas fotografías tiernas,
estilográficas desusadas y textos desgajados del Bachillerato,
pero nadie me dice quién fui yo.
Aquellas canciones que tanto amaba
no me explican dónde fueron mis minutos,
y aunque torturo los espejos
con peinados de quince años,
con miradas podridas de cinco años
o quizá de muerto,
nadie,
nadie me dice dónde estuvo mi voz
ni de qué sirvió mi fuerte sombra mía
esculpida en presurosos desayunos,
en jolgorios de aulas y pelotas de trapo,
mientras los otoños sedimentaban
de pálidas sangres
las bodegas del Ebro.
¿En qué escondidos armarios
guardan los subterráneos ángeles
nuestros restos de nieve nocturna atormentada?
¿Por qué vertientes terribles se despeñan
los corazones de los viejos relojes parados?
¿Dónde encontraremos todo aquello
que éramos en las tardes de los sábados,
cuando el violento secreto de la Vida
era tan sólo
una dulce campana enamorada?
Pues yo registro los bolsillos desiertos
y no encuentro ni un solo minuto mío,
ni una sola mirada en los espejos
que me diga quién fui yo.

Esta entrada foi publicada en Antoloxías, Música, Poesía. Garda a ligazón permanente.