E xa está aquí o primeiro Dioivo de setembro


(Premer na imaxe para agrandar o tamaño)
Setembro. No tsunami das retalladas nos servizos públicos retorna a información crítica do Dioivo, dixital ao que xa saudamos nesta anotación da bitácora. E nos primeiros días do seu regreso, fronte aos NO-DO da prensa escrita, radiofónica ou televisiva domesticada polos poderes fácticos, publican un excelente e incisivo artigo de Fran P. Lorenzo intitulado «Feijóo 2012-2016: unha Galician Horror Story». E tamén é de agradecer a reportaxe de Carlos Meixide sobre a primeira vez que ollaron cinema persoas sobranceiras da nosa cultura (entre elas María Lado e Tomás Lijó, que onda nós fixeran parte do extinto Batallón Literario da Costa da Morte).
Prensa necesaria á que saudamos neste seu regreso.

Esta entrada foi publicada en Cinema, Entrevistas, Humor, Poesía, Política, Xornalismo. Garda a ligazón permanente.

Unha resposta en “E xa está aquí o primeiro Dioivo de setembro

  1. VIAXEIRAZUL di:

    oes, pois polo menos Eduardo modelaba obras de arte nos xardíns, pero ESTE paréceme a min co só vai facer unha desfeita coas tixeiras!! sobre todo a nivel administrativo e público!e social e humano, educativo, e sanitario..e xa non sigo, a lista é infinita!

Os comentarios están pechados.