Día da Balea: Poemas de Xosé Henrique Rivadulla Corcón, Marta Dacosta, Xavier Queipo e Rafa Vilar

Desde estas crebas divulgamos o fermoso proxecto poético na rede intitulado «Día da Balea» que promove a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA), unha ONG galega fundada en 1992, adicada ao estudo e divulgación dos mamíferos e tartarugas mariñas de Galicia, a través da investigación.

Desta serie publicamos deseguida as catro primeiras lecturas poéticas, que tamén se poden ollar na canle de youtube da CEMMA, coas voces de de Xosé Henrique Rivadulla Corcón, Marta Dacosta, Xavier Queipo e Rafa Vilar, introducidas sempre por este texto:

21 DE OUTUBRO, DÍA DA BALEA

O 21 de outubro de 1985 cazouse por derradeira vez unha balea en Galicia. CEMMA quere aproveitar esa data para propoñer o 21 de outubro como DÍA DA BALEA, coa intención de celebrar o día no que decidimos a paz coas baleas, tamén a riqueza de especies de cetáceos que temos nas nosas augas e a necesidade de seguir traballando para a súa conservación, mais tamén aproveitar para lembrar unha época da nosa historia que, queiramos ou non, non pode quedar borrada.

Nesta ocasión para a conmemoración deste ano contamos coa colaboración dunha ducia de escritoras e poetas que quixeron sumarse á nosa iniciativa e apoiala a través do seus textos, cuns videopoemas que vos iremos poñendo aquí. O noso agradecemento a todos eles/elas.

(Foto da primeira balea cazada no inicio da época de 1924, Corcubión)

Esta entrada foi publicada en Gravacións, Historia, Poesía. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta