Con Eduardo Galeano na presentación do seu novo libro Los hijos de los días (Siglo XXI Editores)


(Presentación do novo libro de Eduardo Galeano Los hijos de los días, o pasado 24 de maio de 2012, na madrileña Casa de América)
Non nos defraudou Eduardo Galeano na tardiña de antonte, xoves, 14 de xuño, na presentación do seu novo libro Los hijos de los días (Siglo XXI Editores), na faraónica Cidade da Cultura compostelá, nunha sala chea a rebordar e na que ficou xente fóra, e con moitos rostros coñecidos da nosa cultura (do audiovisual, da literatura, do teatro, do xornalismo…).
Malia a previa lectura dos textos, a voz e a dición tranquila e suxestiva do escritor uruguaio acompañounos. Deu lectura a unha pequena serie dun volume que abrangue, a xeito de diario reivindicativo, todos os días do ano, desde o 1 de xaneiro e até o 31 de decembro, nun total de 366 historias, pois tamén se inclúe o bisesto 29 de febreiro.
Podería reproducir aquí calquera deses 366 relatos, magníficos todos eles, algúns inesquecibles, mais reproducirei tan só o que corresponde ao 14 de xuño (ao que non deu lectura), por ser a data da súa visita a Compostela. Velaquí:
En el día de hoy de 1982, la dictadura argentina perdió la guerra. Mansamente se rindieron, sin que se hicieran ni un tajito al afeitarse, los generales que habían jurado dar la vida por la recuperación de las islas Malvinas, usurpadas por el imperio británico.
División militar del trabajo: estos heroicos violadores de mujeres atadas, estos valientes torturadores y ladrones de bebés y de todo lo que pudieron robar, se habían ocupado de las arengas patrioteras, mientras mandaban al matadero a los jóvenes reclutas de las provincias más pobres, que en aquellas lejanas islas del sur murieron de bala o de frío.
 

(Premer na imaxe para agrandar o tamaño)

Esta entrada foi publicada en Historia, Narrativa, Poesía, Política, Presentacións. Garda a ligazón permanente.