celsoemilioferreiro.org, a páxina do centenario


(Premer na imaxe para unha mellor lectura)
Outra das iniciativas que se botou a andar no centenario do poeta Celso Emilio Ferreiro foi unha nova páxina web, celsoemilioferreiro.org. Unha excelente oportunidade para achegármonos á súa biografía e á súa obra. Na súa presentación dísenos:
«A Fundación Celso Emilio Ferreiro conmemora o centenario do poeta celanovés que se celebra neste ano 2012. Desde este espazo quere contribuír a difundir o seu extraordinario legado así como dar a coñecer as actividades programadas para este acontecemento único e irrepetible».
Nesta bitácora xa temos falado de Celso Emilio, mais neste ano aínda teremos ocasión de regresarmos sobre novos contidos arredor da súa figura, imprescindible na nosa literatura de posguerra e un dos nomes fundamentais no século XX, que neste século aínda ten moito que nos dicir polo seu compromiso estético e vital.

Esta entrada foi publicada en Ensaio, Entrevistas, Epistolarios, Estudos literarios, Narrativa, Poesía. Garda a ligazón permanente.