Arquivo da categoría: Premios

Artigo en QPC (LXIII): No centenario da novela curta O diputado por Beiramar (1919), de Gonzalo López Abente

Veño de publicar unha nova colaboración en QuepasanaCosta. Diario dixital da Costa da Morte, que dirixe Ubaldo Cerqueiro, desta volta para lembrar o centenario da primeira novela curta, intitulada O diputado por Beiramar (1919), de Gonzalo López Abente. Velaquí o … Sigue lendo

Publicado en Efemérides, Estudos literarios, Narrativa, Poesía, Premios | Deixa un comentario

Adeus á poeta Francisca Aguirre

Onte finaba aos 88 anos a poeta Francisca Aguirre (Alacant, 1930) na súa casa madrileña. A súa poesía sempre me interesou e deixou a súa pegada no meu último libro de poemas publicado até hoxe. Así o contei nesta bitácora … Sigue lendo

Publicado en Memoria Literaria, Obituarios, Poesía, Premios | Deixa un comentario

Artigo en QPC (LXI): «Finisterre», espectáculo teatral da compañía italiana Praticidealisti en homenaxe ao editor Alexandre Finisterre

Veño de publicar unha nova colaboración en QuepasanaCosta. Diario dixital da Costa da Morte, que dirixe Ubaldo Cerqueiro, desta volta para dar conta dun espectáculo teatral da compañía italiana Praticidealisti en homenaxe ao editor Alexandre Finisterre. Velaquí o artigo que … Sigue lendo

Publicado en Biografía, Estudos literarios, Historia, Premios, Presentacións, Teatro | Deixa un comentario

Entrevista a Rafa Vilar: «A cultura, á parte de pesar no PIB, constrúe a sociedade do coñecemento»

A xornalista Patricia Blanco publicou hoxe na edición de Carballo do xornal La Voz de Galicia unha entrevista co meu irmán Rafa Vilar despois de que o seu libro de poemas intitulado A cidade e a chuvia, de próxima publicación, … Sigue lendo

Publicado en Entrevistas, Lingua, Memoria Literaria, Poesía, Premios | Deixa un comentario

Addio, Adeus emocionado e sentido para a profesora e académica Giulia Lanciani

(Giulia Lanciani lendo o seu discurso de ingreso na RAG, no ano 2014. Fonte: Xosé Castro / RAG) Unha mensaxe da Real Academia Galega (RAG), da que era Membro de Honra, como tamén o é o seu home Giusseppe Tavani, fíxome … Sigue lendo

Publicado en Estudos literarios, Literatura medieval, Memoria Literaria, Poesía, Premios, Versións ou traducións | Deixa un comentario

A poeta Francisca Aguirre, «Premio Nacional das Letras»

Máis unha vez alegroume inmenso que a poeta Francisca Aguirre, adoito máis coñecida (e non debería) por ser a muller do tamén poeta Félix Grande que pola súa propia obra, veña de obter o denominado «Premio Nacional das Letras» do … Sigue lendo

Publicado en Poesía, Premios | Deixa un comentario

Poema (XCVII): «La poesia», de Antònia Vicens

(Antònia Vicens nunha fotografía de ©Esteve Plantada) O pasado mércores 17 de outubro o «Ministerio de Cultura y Deporte del Gobierno de España» daba a coñecer que a mallorquina Antònia Vicens viña de ser galardoada co «Premio Nacional de Poesía … Sigue lendo

Publicado en Poesía, Premios, Versións ou traducións | Deixa un comentario

«Visibilizar o fondo fotográfico de Ramón Caamaño. A fotografía como documento e patrimonio cultural», un artigo do antropólogo Manuel Vilar

Lembrei nesta breve anotación da bitácora (15 de maio de 2012) como coñecín o fotógrafo muxián Ramón Caamaño Bentín (Muxía, 1908-2007) e moitas das súas imaxes seguen a me producir fascinio. Por esta razón acudín, na compaña do amigo antropólogo … Sigue lendo

Publicado en Arte, Biografía, Ensaio, Fotografía, Historia, Premios, Presentacións | Deixa un comentario

Artigo en QPC (LI): «A viaxe pola Costa da Morte no poemario Galicia en bus de María Reimóndez»

Veño de publicar unha nova colaboración en QuepasanaCosta. Diario dixital da Costa da Morte, que dirixe Ubaldo Cerqueiro, desta volta sobre «A viaxe pola Costa da Morte no poemario Galicia en bus de María Reimóndez». Velaquí o artigo que tamén … Sigue lendo

Publicado en Poesía, Premios, Recensións, Roteiros | Deixa un comentario

Recensión a Tundra, de Carlos Negro, en Grial 217

E aínda nese mesmo último número, 217 (xaneiro, febreiro, marzo do 2017) de Grial, Revista Galega de Cultura, e tamén na habitual sección intitulada «O espello das letras» aínda asino unha outra recensión intitulada «A poética do frío» para dar … Sigue lendo

Publicado en Poesía, Premios, Recensións | Deixa un comentario