Balea2, de Estevo Creus, no programa “ZigZag Diario” da tvG2


O programa “ZigZag Diario” da tvG2, que presenta María Solar (tamén ela autora infantil), sempre adoita adicar aos libros a súa edición dos luns. No espazo de antonte, 26 de decembro, a Costa da Morte deu que falar pois presentouse o novo poemario de Estevo Creus, Balea2 (Positivas), do que xa falamos nesta bitácora. A emisión xa se pode ollar na televisión á carta e o fragmento que se ocupa do libro de Estevo Creus vai desde o minuto 11:40 até o 14:20. Na mesma páxina sinalan a respecto de Balea2: «onde mestura as olladas de nenos e anciáns. Resultado dunha colaboración co poeta e contacontos Celso Fernández Sanmartín, trátase dun libro para todos os públicos, con poemas de adultos para nenos e de nenos para adultos».
Unha boa oportunidade para escoitarmos a lectura duns versos na voz de Estevo Creus.

Esta entrada foi publicada en Poesía, Presentacións, Televisión. Garda a ligazón permanente.