As crebas, presentación na libraría Couceiro

As crebas tivo a súa primeira presentación pública, alén da que se fixera en Carral na entrega do XIV Premio de Poesía, este pasado mércores 22 de xuño nesa casa da palabra da Libraría Couceiro, onde adoito botar bastante tempo a falar con María e Pablo Couceiro, herdeiros do espírito de Lourdes e Xesús Couceiro e as outras persoas que aló traballan.
Nas fotografías que me cederon (de non moi boa calidade, por problemas de luz, mais que agradezo infinito) 
figuran, de esquerda a dereita, o editor de Espiral Maior que é o poeta Miguel Anxo Fernán-Vello, o académico e profesor catedrático de Filoloxía Románica Francisco “Paco” Fernández Rei, eu propio e o escritor Francisco “Chisco” Fernández Naval.
Na seguinte imaxe pódese ollar aos amigos e amigas que nos acompañaron ese día, onde hai moitos rostros coñecidos e algún que polo de agora aínda non o é. Reitero as grazas a todas e a todos por estardes aí para escoitar falar de moitas crebas. Saúde.

Esta entrada foi publicada en Poesía, Presentacións. Garda a ligazón permanente.