As crebas, nun artigo de Miguel Sande


(Fotografía de Caión por Casal de La Voz de Galicia)
Chega a min varios días despois da súa publicación o artigo “Caión, na Laracha, no verán” da autoría do escritor e xornalista Miguel Sande. Nos seus primeiros parágrafos hai referencias ao meu poemario As crebas. Velaquí:
«Aproveito o verán da Laracha, sobre todo, para usar a bicicleta e correr. Dispoñer de estradas sen apenas tráfico, mesmo a que vai ata a praia de Baldaio, na Pedra do Sal, é case un privilexio. Estes primeiros días de agosto acostumo a facelo e sempre levo un libro para ler nas rochas antes de volver, é o que me dá forzas para despois subir a costa onda as plantacións de frutais de Prim. Esta semana o libro que vén comigo na bicicleta é casualmente o poemario de Miro Villar, As crebas: interesante, de verdade, magnífico. Tampouco non descubro nada; Miro Villar é un dos poetas que sigo dende sempre con interese. Pero comecei estas liñas falando da bicicleta porque este domingo é o Día da Bicicleta na Laracha e non me estraña que teña participación e seguidores, pois A Laracha dispón de vías para andar mesmo con nenos en bici con tranquilidade».
Cando os afagos veñen dun bo poeta é para estar satisfeito.
O artigo completo pódese ler nesta ligazón.

Esta entrada foi publicada en Poesía, Recensións. Garda a ligazón permanente.

Unha resposta en “As crebas, nun artigo de Miguel Sande

  1. Pingback: As crebas » As crebas, recensión de Miguel Sande

Os comentarios están pechados.