As crebas, na listaxe de Miguel Sande no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia



(Premer nas imaxes para unha mellor lectura)
Co remate do 2012 reitéranse as listaxes dos «libros do ano» en moitas publicacións. O escritor (tamén poeta) e xornalista Miguel Sande vén de publicar este sábado 5 de xaneiro do 2012 no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia, que non se pode ler na rede e só en papel (que reproduzo), os seus «10 destacados. Poesía», entre os que figuran o meu poemario As crebas (da que o propio Sande publicara unha recensión neste suplemento o sábado 1 de outubro do 2011) e a antoloxía A cidade na poesía galega do século XXI, en edición literaria do filólogo Gonzalo Vázquez, da que os meus poemas tamén fan parte como se lembrou nesta anotación.
Miguel Sande, alén de asinar o interesante artigo «Urxen voces firmes, transgresoras», fai a seguinte escolla de libros de poemas:
Poesía, de Lois Pereiro.
(Non cita en particular ningún dos seus libros, nin a edición da súa poesía completa.
Hordas de escritura (Xerais), de Chus Pato.
Leopardo son (Espiral Maior), de Pilar Pallarés.
As crebas (Espiral Maior), de Miro Villar.
Os hemisferios (Galaxia), de María do Cebreiro.
Profundidade de campo (Espiral Maior), de Yolanda Castaño.
Cráter (Toxosoutos), de Olga Novo.
ruído de fondo (Xerais), de Daniel Salgado.
Antítese da ruína (Pen Clube de Galicia), de Emma Pedreira.
A cidade na poesía galega do século XXI (Toxosoutos), de Gonzalo Vázquez.

Esta entrada foi publicada en Antoloxías, Poesía. Garda a ligazón permanente.