Aramados: os meus nove meses polos campos de concentración de Francia, de Manuel García Gerpe, no programa cultural «Zigzag Diario» da tvG2

A escritora Eva Mejuto, a quen agradezo a súa atención, dedicoulle uns minutos no programa cultural «Zigzag Diario» da tvG2, que presenta Pilar García Rego ao lanzamento nestes días de Aramados: os meus nove meses polos campos de concentración de Francia. Manuel García Gerpe (Alvarellos Editora, 2020), unha novela-documento de memoria histórica autobiográfica que traducín para a nosa lingua.

A seguir vai a ligazón á escolla de libros que realiza semanalmente no «Zigzag Diario» a escritora Eva Mejuto dalgunhas novidades literarias. Na páxina web da tvG2 do pasado mércores, 11 de novembro aparece coa seguinte introdución.

https://www.crtvg.es/informativos/eva-mejuto-recomenda-tres-libros-singulares-que-convidan-a-reflexion-4648340

A escolla de libros singulares pasa por unha autoedición dun ‘silent book’: ‘Que vén o lobo’, de Marcos Viso.

‘Aramados’, editado por Alvarellos e traducido por Miro Villar é un diario escrito polo xornalista e político Manuel García Gerpe, preso nun campo de concentración en 1939.

Finalmente recomenda un manual de ecoloxía doméstica: ‘Limpeza creativa’, editado por Catroventos que quere darlle a volta a hábitos cotiáns por alternativas ecolóxicas e saudables.

Esta entrada foi publicada en Biografía, Documental, Historia, Memoria Literaria, Narrativa, Política, Sen categorizar, Televisión. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta