(Fonte: Consello da Cultura Galega)
Non principia ben este ano 2012 para a nosa cultura. Hoxe temos que dicirlle adeus ao artista, emprendedor e intelectual galeguista Isaac Díaz Pardo (Santiago de Compostela, 22 de agosto do 1920- A Coruña, 5 de xaneiro do 2012), fillo do artista “paseado” en 1936 Camilo Díaz Baliño, e acontece na mesma xornada que morría a Consellaría de Cultura do noso Goberno para ficar nunha Secretaría Xeral dependente do nefasto e antigalego conselleiro de Educación. Esquezamos esta última nova, unha máis na desfeita da nosa identidade de País, para centrármonos no noso emocionado adeus a Isaac Díaz Pardo, con quen temos falado en ocasións na súa galería Sargadelos da compostelá Rúa Nova ou no seu Instituto Galego de Información, espazos que lle foron “roubados” por manobras empresariais (cría corvos…). Nos próximos días hanse escribir moitas páxinas sobre a súa obra e a súa persoa, mais recomendamos estas dúas análises de urxencia, a primeira é o programa especial do Diario Cultural da Radio Galega, que se emitiu esta tarde, con numerosos testemuños e coa reprodución dunha longa e interesante entrevista que lle fixera a directora do programa, a poeta Ana Romaní. E doutra banda o especial, tamén de urxencia, que elaborou o Consello da Cultura Galega na súa páxina culturagalega.org, que reproduce varios videos e outros materiais. Entre os testemuños quero lembrar unhas palabras do presidente da RAG, Xosé Luís Méndez Ferrín, cando sinala que «Isaac Díaz Pardo foi editor de publicacións que nunca se editarían».
Neste faceta de editor quero testemuñar a miña eterna gratitude e o meu recordo, pois no selo editorial que creou co nome de Edicións do Castro (outra empresa que fixeron desaparecer os corvos) publicouse a miña Tese de Licenciatura. A presenza da miña obra nos catálogos desta desaparecida editorial veñen de atrás e principian coas miñas colaboracións naquela revista denominada Luzes de Galiza, que dirixía Manuel Rivas. Neses anos tamén se publican en Edicións do Castro os libros dos sucesivos certames de narracións curtas “Modesto R. Figueiredo”, que convoca anualmente o Patronato do Pedrón de Ouro. Dous relatos da miña autoría gañaron este certame: Augas de silencio na edición de 1985, que se publicou no volume colectivo Premios Pedrón de Ouro 1985 / 1986 [Sada: Edicións do Castro, 1987. ISBN 84-7492-346-8], e o relato Verbas cruzadas con Amaranta na convocatoria de 1987, que apareceu no volume colectivo Premios Pedrón de Ouro 1987 [Sada: Edicións do Castro, 1988. ISBN 84-7492-412-X]. Malia que na miña obra sobrancea a poesía, sen estes premios e sen a súa publicación no Castro talvez non chegase a desenvolver a miña escrita.
Con todo, a miña maior débeda e tamén gratitude cara a Isaac Díaz Pardo está no feito de publicar na colección Ensaio/Filoloxía a miña Tese de Licenciatura, que dirixiu o profesor Xesús Alonso Montero, A poesía galega de Xervasio Paz Lestón. Edición e estudio [Sada: Do Castro, 1998. ISBN 84-7492-906-7]. Eu ben sei que este volume de 600 páxinas nunca vería a luz se non fose porque Díaz Pardo amosaba especial receptividade a calquera traballo que abordase a obra de autores relacionados coa diáspora ou co exilio republicano. Alén diso, sobre o poeta muxián aínda publiquei nesta editorial a comunicación “Xervasio Paz Lestón (1898-1977), paradigma do compromiso dun poeta emigrante co exilio e cos súa literatura”, recollida en Axeitos, Xosé Luís e Portela Yáñez, Charo eds. (1999). Sesenta anos despois. Os escritores do exilio republicano. Actas do congreso internacional celebrado na Universidade de Santiago de Compostela. Sada: Do Castro, 1998. [ISBN 978-84-7492-931-7].
Obrigado. Moitas grazas polo teu exemplo. E que a lentura da terra desta nosa vella Nación che sexa leve, meu vello editor!
crebas twitter
-
Artigos recentes
- A crónica viaxeira «De Cée a Mugía» de Francisco Mayán Fernández na revista Algo (1933)
- «Do reino dos suevos ó dos bergundios». As crónicas do xornalista e viaxeiro Xosé Ameixeiras
- Xoán Xosé Fernández Abella in memoriam
- Que a Terra che sexa leve, Pólvera
- O nariz de Fiz no «Catálogo de lecturas recomendadas para Educación Primaria» da Editorial Galaxia
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- “De rosa antiga” | Tirar do fío en Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Recensión da antoloxía Ara do mar. Poesía a Fisterra, compilada por Alexandre Nerium, en Grial 232 | crebas.gal en Artigo en QPC (XCIII): A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- Florencio Delgado en 12 ligazóns e 2 vídeos | A profa en Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez | crebas.gal en «A Pontragha», un poema inédito na GaZeta (Revista de Agrupacións Poéticas de Base)
- Feliz Idade, de Olga Novo – Club de Lectura do Porriño en Recensión a Feliz Idade, de Olga Novo, en Grial 222
Histórico
- Setembro 2023 (1)
- Agosto 2023 (3)
- Xullo 2023 (3)
- Xuño 2023 (1)
- Maio 2023 (1)
- Abril 2023 (1)
- Marzo 2023 (3)
- Xaneiro 2023 (2)
- Decembro 2022 (2)
- Novembro 2022 (1)
- Outubro 2022 (3)
- Setembro 2022 (2)
- Agosto 2022 (1)
- Xullo 2022 (4)
- Xuño 2022 (2)
- Maio 2022 (10)
- Abril 2022 (2)
- Marzo 2022 (1)
- Febreiro 2022 (4)
- Xaneiro 2022 (6)
- Decembro 2021 (2)
- Outubro 2021 (1)
- Setembro 2021 (3)
- Agosto 2021 (1)
- Xullo 2021 (4)
- Maio 2021 (2)
- Abril 2021 (1)
- Marzo 2021 (1)
- Febreiro 2021 (3)
- Xaneiro 2021 (6)
- Decembro 2020 (9)
- Novembro 2020 (8)
- Outubro 2020 (2)
- Setembro 2020 (3)
- Agosto 2020 (2)
- Xullo 2020 (3)
- Xuño 2020 (1)
- Maio 2020 (6)
- Abril 2020 (6)
- Marzo 2020 (5)
- Febreiro 2020 (1)
- Xaneiro 2020 (5)
- Decembro 2019 (3)
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta