(Premer na imaxe para unha mellor lectura)
Mario Regueira, narrador e poeta, autor dunha sólida obra que me a interesa como lector, asina a crítica literaria na sección «Libros» do semanario Sermos Galiza, na súa edición en papel, da que eu propio son subscritor e máis unha vez animo a apoiar para termos prensa en galego nos quiosques.
Desta volta, no seu comentario semanal, que agradezo e estimo ben, publicado no número 92 (10 de abril do 2014) escribe sobre o meu conto rimado A pantasma da casa da Matanza (Biblos, 2013), ilustrado por Xosé Cobas. A recensión pódese ler premendo na imaxe, mais por xentileza do autor tamén a reproduzo deseguida. Velaquí.
A voz da sombra
A pantasma da casa da Matanza
Miro Villar (ilustracións de Xosé Cobas)
Biblos, 2013, 26 páxinas, 16 euros
No 2013 fixéronse os 150 anos da publicación de Cantares Gallegos, efeméride que conseguiu facer tremer o tecido cultural galego durante bastante tempo e ofrecernos, en moitos aspectos, novas dimensións de Rosalía. Notámolo no aumento das publicacións, nas descubertas de inéditos ou case inéditos, nos recitais, nas homenaxes, nas novas músicas que incorporaron as letras da poeta, e tamén, por suposto, nas provocacións coas que o goberno autonómico acompañou algún dos actos relacionados coa autora. Toda esta tempada serviu para resignificar e actualizar parte do legado rosaliano, algo que atinxiu moitos aspectos da difusión da autora, pero que, ao noso xuízo tivo unha importancia especial na literatura infantil, que aproveitou para revitalizar as súas relacións con Rosalía, con obras que puidesen servir para iniciar ás xeracións máis novas cos versos máis referenciais da literatura galega.
Se ben o texto xa fora publicado hai uns anos, sen dúbida A pantasma da casa da Matanza, na súa edición actual ilustrada forma parte desa enxurrada rosaliana dedicada ás persoas máis novas. Estamos perante un sinxelo conto en verso adaptado para que ese público poida ter a súa primeira lectura dun dos poemas máis icónicos da nosa cultura. Porque dalgunha forma, o libro de Miro Villar e Xosé Cobas fai unha aposta que non deixa de ser , ao seu xeito, arriscada. Non só se centra nun dos espazos rosalianos máis emblemáticos, e que destaca xa no propio título, senón que constrúe a súa historia apoiándose nun dos poemas máis coñecidos, e porén máis escuros da autora. Negra sombra, do que circulan centos de interpretacións a cal máis orixinal ou rebuscada, un poema que moita xente sabe de memoria pero que moi poucas persoas poderían explicar sobre que fala. Negra sombra ten ademais a súa propia carga de escuridade e desazo, elementos que supoñen todo un reto á hora de mediatizar a súa lectura para o público novo.
Estas características, porén, son aproveitadas polo autor para crear unha obra orixinal e sorprendente. Se a interpretación do poema permanece tan aberta que mesmo segue suscitando debates académicos hoxe, nada impide pensar que a negra sombra poida ser unha pantasma que acompañou a Rosalía na casa da Matanza. E nada impide que se lle poida dar a voz, por unha vez, para que conte a historia dende a súa perspectiva.
Moito se falou xa de min, malvados/ e atravesados foron os comentos/ mais, queiran ou non, andan ben errados. Con estes versos a sombra decide contarnos dunha vez a verdade sobre a súa realidade. O que segue, baixo este punto de partida, é un conxunto de poemas que van contando, en primeira persoa, a súa relación con Rosalía. A sombra relátanos como observou, e mesmo participou nos procesos de creación da poesía da autora, así como a compaña que lle fixo durante unha enfermidade na que non se apartou do seu lado. Esta relación da pantasma coa poeta quedaría fixada para sempre nun dos seus poemas, sendo un segredo para todo o resto dos mortais.
A forma do texto, que non abandona o ton confesional en primeira persoa, estrutúrase en versos rimados, tan queridos ao autor mesmo nas súas obras para adultos, e que acompañan coa súa particular musicalidade unha expresión que se move sempre entre o desenfadado e o ton serio que teñen sempre as revelacións. Este equilibrio, desdramatiza a figura tétrica que poida ter a sombra ou pantasma, pero sen chegar a arrincarlle de todo esa parte que a conecta co alén e co descoñecido.
Unha mención aparte merecen as ilustracións de Xosé Cobas, que aproveitan parte do imaxinario rosaliano e xogan a adaptarse, coa súa aparente sinxeleza, ás intensións dramáticas do texto. Xogando sempre cun formato grande apaisado, que enche as páxinas até case converter o texto sobreimpreso nunha parte máis da ilustración, son estes deseños os responsábeis de configurar A pantasma da casa da Matanza como un obxecto editorial fermoso e especial, ben adaptado para todos os públicos.
Temos, por tanto, unha proposta orixinal e valente para achegar os versos máis míticos da nai da poesía en galego a xeracións de novos lectores que, de certo, lembrarán algún día cun sorriso, a humanidade desa sombra sobre a que ninguén conseguiu aínda poñerse de acordo.
Mario Regueira
crebas twitter
-
Artigos recentes
- Crónica en LVG: «Un percorrido polas cadeiras esquecidas no ocaso»
- Crónica en QPC: «Miro Villar debullou a espiña dorsal da súa vida»
- A crónica viaxeira «De Cée a Mugía» de Francisco Mayán Fernández na revista Algo (1933)
- «Do reino dos suevos ó dos bergundios». As crónicas do xornalista e viaxeiro Xosé Ameixeiras
- Xoán Xosé Fernández Abella in memoriam
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- “De rosa antiga” | Tirar do fío en Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Recensión da antoloxía Ara do mar. Poesía a Fisterra, compilada por Alexandre Nerium, en Grial 232 | crebas.gal en Artigo en QPC (XCIII): A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- Florencio Delgado en 12 ligazóns e 2 vídeos | A profa en Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez | crebas.gal en «A Pontragha», un poema inédito na GaZeta (Revista de Agrupacións Poéticas de Base)
- Feliz Idade, de Olga Novo – Club de Lectura do Porriño en Recensión a Feliz Idade, de Olga Novo, en Grial 222
Histórico
- Outubro 2023 (2)
- Setembro 2023 (1)
- Agosto 2023 (3)
- Xullo 2023 (3)
- Xuño 2023 (1)
- Maio 2023 (1)
- Abril 2023 (1)
- Marzo 2023 (3)
- Xaneiro 2023 (2)
- Decembro 2022 (2)
- Novembro 2022 (1)
- Outubro 2022 (3)
- Setembro 2022 (2)
- Agosto 2022 (1)
- Xullo 2022 (4)
- Xuño 2022 (2)
- Maio 2022 (10)
- Abril 2022 (2)
- Marzo 2022 (1)
- Febreiro 2022 (4)
- Xaneiro 2022 (6)
- Decembro 2021 (2)
- Outubro 2021 (1)
- Setembro 2021 (3)
- Agosto 2021 (1)
- Xullo 2021 (4)
- Maio 2021 (2)
- Abril 2021 (1)
- Marzo 2021 (1)
- Febreiro 2021 (3)
- Xaneiro 2021 (6)
- Decembro 2020 (9)
- Novembro 2020 (8)
- Outubro 2020 (2)
- Setembro 2020 (3)
- Agosto 2020 (2)
- Xullo 2020 (3)
- Xuño 2020 (1)
- Maio 2020 (6)
- Abril 2020 (6)
- Marzo 2020 (5)
- Febreiro 2020 (1)
- Xaneiro 2020 (5)
- Decembro 2019 (3)
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta