A pantasma da casa da Matanza e a Poesía Completa de Gonzalo López Abente no programa «Zigzag Diario» da tvG2

O programa «Zigzag Diario» da tvG2, que presenta Pilar García Rego (antes condutora do musical «Alalá»), adoito procura adicar ás novidades literarias a súa edición dos luns. No programa deste luns, 10 de febreiro, emitiu unha entrevista gravada esa mesma tarde para falarmos do meu conto rimado A pantasma da casa da Matanza (Biblos, 2013), ilustrado por Xosé Cobas, e tamén da compilación da Poesía completa de Gonzalo López Abente (Espiral Maior, 2012, en coedición coa Fundación López Abente).
O video da entrevista, que tamén se pode ollar nesta ligazón, ten unha duración de 5:32 minutos. E aquí pódese visionar o programa completo do pasado luns, ao que corresponden estes dous fotogramas.

Esta entrada foi publicada en Poesía. Garda a ligazón permanente.