A narrativa mariña, de Gonzalo López Abente (edición de Suso Sambade) no programa «Zigzag Diario» da tvG2


(Premer na imaxe para agrandar o tamaño)
O programa «Zigzag Diario» da tvG2, que presenta María Solar (tamén ela autora infantil), adoito procura adicar aos libros a súa edición dos luns, mais tamén elabora unha sección diaria que se denomina «Cada día un libro». No programa emitido este martes 2 de outubro o libro escollido para o breve comentario crítico foi o volume A narrativa mariña, de Gonzalo López Abente, en edición literaria do profesor muxián Suso Sambade e que se inclúe na prestixiosa colección Biblioteca das Letras Galegas de Edicións Xerais, por iniciativa da Fundación López Abente, da que fago parte, que ten coma un dos seus alicerces a publicación (ou reedición na maioría dos casos) da obra literaria do escritor muxián. Xa falamos aquí e acolá da súa presentación e tamén demos conta nesta bitácora das primeiras lecturas críticas e recensións.
Para as persoas que non puideron ollar o programa na súa emisión ao vivo diremos que xa está na televisión á carta e o fragmento que se ocupa do libro vai desde o minuto 08:15 até o 09:05, máis ou menos, aínda que eu recomendaría, coma sempre fago, visionar a totalidade do programa que dura media hora.

Esta entrada foi publicada en Estudos literarios, Narrativa, Recensións, Televisión. Garda a ligazón permanente.