A Fundación SM dispoñibiliza na rede o seu Anuario Iberoamericano sobre el Libro Infantil y Juvenil 2012


A Fundación SM vén de publicar e dispoñibilizar para todo o público en xeral o seu Anuario Iberoamericano sobre el Libro Infantil y Juvenil 2012, un total de 228 páxinas coas que se pretende ofrecer unha completa panorámica sobre e edición para este segmento etario. O volume afonda nas novidades literarias dos nove países nos que a editorial ten presenza de seu: Arxentina, Brasil, Chile, Colombia, México, Perú, Puerto Rico, República Dominicana e o Estado Español (pois tamén inclúe unha información pormenorizada sobre as publicaciónes en catalán, éuscaro e galego), alén de ofrecer informacións estatísticas sobre a edición e a venda, temáticas ou os libros con máis suceso no mundo da literatura infanto-xuvenil.
Entre as páxinas 143 e 154 aparece a información referida á nosa literatura, que asinan Isabel Soto e Xavier Senín, baixo o título «Galicia: Surcando mares procelosos» e cos seguintes apartados:
1. Los premios del año
2. Literatura para pequeños lectores
3. Camino de la adolescencia
4. Álbumes para todas las edades
5. Para jóvenes
6. Poesía: un ano de buenas noticias
7. Literatura dramática
8. La vitalidad del comic
Coda
No apartado segundo «Literatura para pequeños lectores» faise referencia a un libro da miña autoría, que saliento en negra:
«Para los primeros pasos en la lectura y de la mano de firmas consolidadas, destacan cuentos ilustrados como O souto escuro e perigoso, de Miguel Vázquez Freire y Xosé Tomás, dónde texto e imágenes en negro se alían para tratar el miedo; Verbas de sal, de Antonio García Teijeiro, dibujado por Alberto Vázquez, en torno a la amistad entre un poeta bohemio y una niña solitaria; A cobiza do verme Noel, de Miro Villar, texto rimado sobre la llegada de la tiranía a un planeta, en el que poco a poco desaparece la felicidad; o A tartaruga de Martiño, de María Canosa y María Lires, cuyo protagonista supera el reto de dormir sólo. Pinto y Chinto nos deleitaron con los magníficos A maceira que daba calquera cousa menos mazás, obra optimista que invita a reiventarnos ante las dificultades, y Animalario, humorístico catálogo literario de animales». (…)

Esta entrada foi publicada en Estudos literarios, Infantil, Narrativa, Poesía. Garda a ligazón permanente.