A cobiza do verme Noel no catálogo Galician Books for Children and Young Adults 2012.



(Premer nas imaxes para unha mellor lectura)
A páxina culturagalega.org informaba da presentación onte do catálogo trilingüe Galician Books for Children and Young Adults 2012, editado pola Consellaría de Cultura e mais GALIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil). A publicación recolle un total de 118 títulos do pasado ano, achegando os datos de atutores/as, ilustradores/as, da editora e tamén unha sinopse en galego, castelán e inglés. Este catálogo está pensado noemadamente para se difundir na vindeira Feira do Libro de Boloña e coa idea de facilitar os contactos internacionais das editoras de nós.
Alén da súa edición en papel, tamén se pode acceder ao catálogo desde a propia páxina web da Consellería de Cultura e Educación.
Na súa páxina 54 do catálogo Galician Books for Children and Young Adults 2012 aparece a ficha do meu conto rimado para os primeiros lectores e lectoras A cobiza do verme Noel (Galaxia, 2011) e deseguida reproduzo a sinopse en galego (na páxina tamén en castelán e inglés) que publican:
«Conto rimado que se desenvolve en Linguápolis, onde unha comunidade de vermes realiza o seu traballo nun ambiente pacífico. Mais un deles, Noel, déixase levar pola cobiza e pretende ser rico sen traballar, polo que se proclama rei. Pasa anos comendo sen parar e abusando dos seus antigos compañeiros, ata que un día cae na sua propia trampa. Pide unha herba nova, que lle debe levar un dos seus súbditos. Non obstante, a este cáelle a herba no río e cando Noel o vai buscar, ve a súa horrible figura reflectida nas augas, polo que sae fuxindo».

Esta entrada foi publicada en Antoloxías, Contos, Infantil, Poesía, Presentacións, Versións ou traducións. Garda a ligazón permanente.

3 respostas a A cobiza do verme Noel no catálogo Galician Books for Children and Young Adults 2012.

  1. Pingback: As crebas » A Costa da Morte unha potencia en literatura infantil

  2. Pingback: 7 autores demostran que a Costa da Morte é unha potencia en literatura infantil

  3. Pingback: As crebas » Ilustradoras e ilustradores dos meus libros infantís

Os comentarios están pechados.