70 minutos: Ricardo Gurriarán e Miro Villar analizan a figura de Florencio Delgado Gurriarán

A Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) dispoñibilizou na súa canle de youtube a gravación «70 minutos con Ricardo Gurriarán e Miro Villar» gravada a finais do pasado ano.

Neste audiovisual, Ricardo Gurriarán e eu propio analizamos a figura de Florencio Delgado Gurriarán, a quen se conmemorou no Día das Letras Galegas 2023. Alén da nosa intervención tamén se intercalan as pezas musicais de Lucía Aldao, xa que 70 minutos é un proxecto que une literatura e música, organizado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega en colaboración coa Deputación da Coruña.

Trátase dunha serie de cinco capítulos e os outros catro poden ser visionados premendo nas seguintes ligazóns:

70 minutos con Helena Villar Janeiro e Xesús Rábade Paredes

70 minutos con Uxía Senlle

70 minutos con Francisco Rodríguez

70 minutos con Xaquín Marín

Esta entrada foi publicada en Biografía, Efemérides, Entrevistas, Estudos literarios, Gravacións, Historia, Lingua, Memoria Literaria, Poesía. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta