Gravación dunha micropeza para o especial «Polos vieiros de Florencio» da RAG

En breve vaise dispoñibilizar na rede unha micropeza para o especial «Polos vieiros de Florencio» da RAG, pois días atrás realizouse a gravación na cidade vella compostelá. Pode visualizarse o primeiro dos capítulos coa voz do seu presidente Víctor F. Freixanes nesta canle de youtube e así está presentada a serie no sitio web da Real Academia Galega:

Da Rede á celebración en Córgomo
A RAG xa ten activada na súa páxina web, academia.gal, a sección das Letras Galegas 2022, que servirá de escaparate tanto para as iniciativas propias como doutras institucións e colectivos que traballen na divulgación do legado de Delgado Gurriarán. Neste espazo xa se pode ler a biografía do poeta asinada por Ricardo Gurriarán e tamén se comparten os primeiros episodios da serie de micropezas Polos vieiros de Florencio, da que se estreará cada semana un novo capítulo. A serie permitiralle ao público ir achegándose, da man de distintas voces, a aspectos relacionados coa vida e coa obra do autor. Como sintonía conta cun tema de Aire!, o último disco do dúo Caamaño&Ameixeiras, dúas artistas novas que forman parte da escena que está a abrir camiños de futuro para a música tradicional.

Esta entrada foi publicada en Estudos literarios, Gravacións, Poesía. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta