Alén. Servidume da treva. Augusto Casas. Limiar de Miro Villar

A colección «Biblioteca Nós», que puxo en andamento a Editorial Galaxia, vén de poñer nos andeis das nosas librarías, aínda que o colofón é do 15 de decembro de 2021, a edición que preparei de Alén e Servidume da treva, dous libros de poemas de Augusto María Casas Blanco (Ourense, 1906 – Barcelona, 1973), un volume que no sitio web da editorial vai presentado cos seguintes dous parágrafos:

Alén. Servidume da treva

Augusto Casas

Limiar de Miro Villar

Augusto Casas foi un dos autores máis prolíficos da chamada xeración do 22, do 25 ou das Vangardas. Recóllense neste volume dous dos seus poemarios máis significativos, onde presenta unha poesía debedora da escola imaxinista de Amado Carballo, que derivou cara a unha dirección sentimental e saudosista que empapa o conxunto da súa obra, do que é claro exemplo Alén (1962).

Servidume da treva (1965) foi o o seu derradeiro libro, que segue as liñas xerais da súa poética, e onde o autor parece consciente dunha vontade testamentaria, porque está configurado como unha especie de “Libro dos amigos”. Manuel María cualificouno como libro melancólico e apaixonado, escrito con sinxeleza, e salienta a depuración no seu estilo e a nudez expresiva, así como o dialoxismo entre a paisaxe externa e a interior do poeta.

Detalles

  • Páxinas : 184
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 15/12/2021
  • Colección : Biblioteca Nós
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-779-5
  • Edición : 1ª

Por criterio editorial os poemas aparecen nunha nova edición actualizada segundo os criterios ortográficos e morfolóxicos vixentes.

Esta entrada foi publicada en Biografía, Estudos literarios, Poesía. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta