Vídeo completo da conferencia «Fraguas, o traballo calado» de Manuel Vilar no Ateneo de Santiago

O Ateneo de Santiago vén de dispoñibilizar na súa canle de youtube o vídeo completo da conferencia «Fraguas, o traballo calado», proferida polo antropólogo muxián Manuel Vilar dentro do ciclo #LunsdoAteneo que organiza a devandita entidade. Na palestra, á que nós puidemos asistir, que tivo lugar o pasado luns 13 de maio e foi publicada un día despois, Manuel Vilar percorreu os aspectos máis salientables da vida e da obra de Antonio Fraguas Fraguas, persoeiro ao que homenaxeamos por decisión da Real Academia Galgea o Día das #LetrasGalegas2019. Esta bitácora comprácese en contribuír á (re)difusión deste material videográfico de interese.

Esta entrada foi publicada en Biografía, Efemérides, Historia, Lendas e mitos, Lingua, Tradicións. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta