Presentación do poemario infantil Zapatos máxicos, de Fernando González Graña (venres 29 de marzo, A Estrada)

Mañá, venres 29 de marzo ás 20:30 horas no MOME (Museo da Madeira e o Moble da Estrada), acompañaremos ao escritor de Cuntis, a Vila do Baño, Fernando González Graña, nunha nova presentación do seu poemario infantil Zapatos máxicos (Edicións Fervenza), para o que tiven o pracer de escribir un Limiar, que pode ler nesta ligazón.

Connosco tamén participarán no acto o escritor e profesor Carlos Loureiro; o secretario xeral de Política Lingüística Valentín García Gómez; o alcalde de A Estrada José López Campos; o ilustrador do poemario Xaquín Blanco e o propio autor. Completarán a velada a actuación musical de Manoele de Felisa e Marián Ramos, e unha lectura poética a cargo de nenas e nenos dos CEIP de Figueroa e CEIP do Foxo (A Estrada).

Esta entrada foi publicada en Infantil, Poesía, Presentacións. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta