Addio, Adeus emocionado e sentido para a profesora e académica Giulia Lanciani

A CORUÑA
ACADEMIA GALEGA
RECEPCIÓN NA ACADEMIA DE GIULIA LANCIANI
07032014
FOTO XOSE CASTRO

(Giulia Lanciani lendo o seu discurso de ingreso na RAG, no ano 2014. Fonte: Xosé Castro / RAG)

Unha mensaxe da Real Academia Galega (RAG), da que era Membro de Honra, como tamén o é o seu home Giusseppe Tavani, fíxome coñecedor da triste e dorida mala nova do pasamento no día de onte, xoves 15 de novembro, de Giulia Lanciani, profesora de lingua e literatura portuguesa e brasileira na Universidade de Roma Tre.

A devandita mensaxe de condolencia da RAG principia así:

A Academia lamenta o pasamento da académica de honra Giulia Lanciani

A Real Academia Galega lamenta o pasamento da catedrática de literatura portuguesa e brasileira no Departamento de literaturas comparadas da Università Roma Tre, membro de honra da institución. A investigadora faleceu na capital italiana, de onde era nativa. Giulia Lanciani era un referente internacional da filoloxía románica como investigadora da lírica medieval galego-portuguesa. A profesora tamén se interesou polas literaturas contemporáneas de Brasil, Portugal e Galicia, e xogou un papel fundamental na promoción da cultura de noso no contexto italiano.

Giulia Lanciani ingresou como membro da Real Academia Galega no ano 2014 cun discurso sobre a conservación e a transmisión do corpus lírico galego, no que evocou como viaxaron de Portugal a Roma as cantigas trobadorescas a través dun códice manuscrito que copiou o humanista Angelo Colocci salvándoas para a posteridade.
(…) (Continúa o comunicado nesta ligazón)

Tamén se fixero eco do seu pasamento na Faculdade de Letras da Universidade de Lisboa con esta mensaxe que deseguida reproduzo:

Falecimento da Professora Doutora Giulia Lanciani

A Faculdade de Letras da Universidade de Lisboa manifesta o seu enorme pesar pelo falecimento da Professora Doutora Giulia Lanciani, catedrática de Língua e Literatura Portuguesa e Brasileira da Faculdade de Letras e Filosofia da Universidade Roma Tre, titular da Cátedra José Saramago da mesma universidade e Doutora Honoris Causa pela Universidade de Lisboa (2011).

Filóloga lusitanista, especialista em literatura medieval galego-portuguesa, entre outros temas de investigação no contexto das literaturas portuguesa, brasileira e galega, a Professora Giulia Lanciani desenvolveu um notável percurso académico, em particular no campo da teoria literária, da hermenêutica, da crítica genética e da tradução.

Membro de honra da Real Academia Galega, a Professora Giulia Lanciani foi agraciada com o Grau de Grande Oficial da Ordem do Infante D. Henrique, em 2011,condecoração atribuída pelo Presidente da República Portuguesa, entre outras distinções.

E, por último, reproduzo tamén a esquela que publicou o grupo de lusitanistas italianos hoxe mesmo no diario La Repubblica:

Lanciani Giulia
Roma, 16 novembre 2018

I Lusitanisti italiani partecipano commossi al dolore del Prof. Giuseppe Tavani e dei familiari per la scomparsa della Professoressa Giulia Lanciani, Presidente onorario dell’Associazione Italiana di Studi Portoghesi e Brasiliani, illustre filologa, raffinata traduttrice e attenta studiosa della storia e della letteratura del Portogallo.

Coñecín a profesora Giulia Lanciani dun xeito ben azaroso. Pasada a media noite dun día dos finais de maio de 1998, non lembro con exactitude a data, recibín unha chamada telefónica, daquela aínda con teléfono fixo, que me desacougou un pouco pola tardanza da hora. Unha agradable e cálida voz (sempre o foi), explicoume en italiano que me viñan de galardoar como gañador da primeira edición do Premio Tívoli-Europa Giovani 1998, por Abecedario da desolación (Espiral Maior, 1997). Nada sabía eu da súa existencia, e mesmo cheguei a pensar que me estaban a facer unha broma.

Porén, Giulia Lanciani insistiu en explicarme que era un premio convocado pola Associazione Culturale Alleggorein e apoiado por diversas institucións académicas e comunais para galardoar ao mellor libro de poemas publicado o ano anterior por un/unha poeta menor de 35 anos en Europa. Continuou a explicarme que entre os libros que propuxera ela estaba o meu Abecedario da desolación e que recibira o recoñecemento do premio pola maioría do xúri, conformado por diversos profesores e profesoras de universidades europeas.

Coñecín persoalmente a Giulia pouco antes da entrega do premio nos fermosos xardíns de Villa Hadriana en Tivoli, fermosa vila próxima a Roma, e desde aquela chegamos a coincidir en varias ocasións e mantivemos tamén comunicación epistolar. No acto de entrega tamén se presentou o volume Il cammino di Santiago (1998), ao coidado de Filippo Bettini e Armando Gnisci, no que tres dos textos do poemario recolléronse na lingua orixinal e acompañados de versións en italiano, portugués, castelán, francés, inglés, alemán, serbo-croata, albanés e ruso.

«I testi di Miro Villar, tre componimenti in gallego, sono stati tradotti in italiano, in portoghese e in castigliano da Giulia Lanciani, in francese da Jacqueline Risset, in inglese da Silvia Bertoni e Aiden Feerick, in tedesco da Nora Moll, in serbo-croato da Sinan Gudževič, in albanese da Blerina Suta e in russo da Alexej Boukalov».

Na seguinte edición, outro libro meu foi finalista do Premio Tívoli-Europa Giovani 1999, Equinoccio de primavera (S.C. Valle Inclán, Esquío, 1998) e de novo viaxei a Tívoli e a Roma e coincidín novamente, con Giulia Lanciani, con Giuseppe Tavani e cos citados Bettini e Gnisci. Desta volta un dos seus poemas apareceu versionado en italiano por Giulia Lanciani no volume Forse, questo è il confine (1999), tamén ao coidado de Filippo Bettini e Armando Gnisci.

Moito lle teño agradecido estas versións dos meus poemas á profesora Giulia Lanciani, así como o seu artigo intitulado «Miro Villar e la poesia galega di fine secolo», que foi publicado en: Graziano Benelli e Giampaolo Tonini (a cura di), Studi in ricordo di Carmen Sànchez Montero, Trieste, EUT Edizioni Università di Trieste, vol. 1, 2006, pp. 157-169.

Nesas páxinas primeiro realiza unha síntese da poesía galega contemporánea até os anos noventa e deseguida unha análise da miña obra poética publicada até ese momento. O texto completo pódese descargar e ler de balde nesta ligazón ou no documento ISSUU que vai ao final desta anotación, mais aquí reproduzo uns fragmentos e as súas versións ao italiano de catro poemas do meu Abecedario da desolación, os dous primeiros textos e o último xa apareceran no citado volume Il cammino di Santiago (1998).

Por todo isto, pola súa xenerosidade e pola súa inmensa afabilidade, addio, adeus cara amiga profesora Giulia Lanciani. Le mie sincere condoglianze, profesor Giuseppe Tavani e familiari.

Catro poemas de Abecedario da desolación traducidos por Giulia Lanciani

Perché Abbecedario della desolazione è l’immersione in un dolore desolato e distruttivo causato dall’assenza della donna. In certo senso, la poesia acquisisce un valore terapeutico, poiché solo nell’espressione del dolore mediante il verso l’io poetico raggiunge un certo sollievo: il dolore si fa parola, il corpo assente della donna si fa scrittura, e scavalca così la lontanaza, redime, anche se parzialmente, l’assenza. Formalmente, il libro adotta il verso lungo, l’alessandrino, aggruppato in cinque strofe di cinque versi, ricerca di un’armonia simbolica.

Ogni poesia è introdotta da una citazione poetica, con la peculiarità che i suoi autori sono in ordine alfabetico, formando in tal modo, l’insieme dei testi e delle citazioni, un abbecedario del dolore più insopportabile: quello dell’assenza. A corredo di quanto detto, varrà la pena di leggere alcuni specimina, in originale e in traduzione, di questa raccolta.

F
Entre tanto, a tu custodia dejo mis últimos versos.
Aquí están.
Si los guardas,
si los conservas,
podremos comparar tu amargura
con la sonrisa de los que escriba mañana cuando vuelva.
León Felipe

aproveito as palabras por ti desperdiciadas
que recollo e restauro labrando cada verso,
palabras nos lagotos do olvido que vernizo
coa resina das bágoas, entre amor de rescaldos
que fumegan, que abafan e non dan extinguido.

aproveito as medidas limitadas dos versos
que recompoño adrede coa túa exactitude
de ámbitos, sensos novos retornan na beleza
do pronunciado, cerna de aciñeira traballo
e o corpo gaña a forma da evocación sonora.

aproveito as estrofas que nun aire viciado
purifico e intúo rimas e metros doces
para ter un azucre de flores semellante
aos teus ollos, reconto sílabas e agradezo
cada acento perfecto que quere un sonetista.

aproveito inclusive pausas inoportunas
onde o estro dubida na escolla do adxectivo
para amar, despoxado do apetecido aroma
colecciono un caderno de fragancias, odores
de prantas, e aproximo de xeito novo o corpo.

aproveito unha coda nunha estrofa de envío
para deixar no verso final esa esperanza
débil, ese combate co amargor máis profundo,
co verme máis nocivo. reparo o meu sorriso
namentres un fragmento de min nace diverso.

(versión italiana de Giulia Lanciani)

utilizzo le parole da te dissipate
che raccolgo e restauro lavorando ogni verso,
parole nelle pozze dell’oblio che vernicio
con la resina delle lacrime, tra amore di ceneri
che fumigano, che soffocano e non s’estinguono.

utilizzo le misure limitate dei versi
che ricompongo espressamente con la tua esattezza
di contorni, sensi nuovi tornano nella bellezza
del pronunciato, durame di leccio lavoro
e il corpo acquista la forma dell’evocazione sonora.

utilizzo le strofe che in un’aria viziata
purifico e immagino rime e metri dolci
per avere uno zucchero di fiori simile
ai tuoi occhi, riconto sillabe e ringrazio
ogni accento perfetto che un poeta vagheggia.

utilizzo persino pause inopportune
in cui l’estro esita nella scelta dell’aggettivo
per amare, spogliato del desiato aroma
colleziono un quaderno di fragranze, odori
di piante, ed avvicino in modo nuovo il corpo.

utilizzo una coda in una strofa di commiato
per lasciare nel verso finale questa speranza
debole, questa lotta con l’amarezza più profonda,
col verme più nocivo, restauro il mio sorriso
mentre un frammento di me nasce diverso.

M
um dia
sem ouvir
a tua voz
é como descobrir
que o mar
morreu.
David Mourão-Ferreira

ando coa voz descalza nos días areeiros
que escorren polos dedos, reinvento no murmurio
que se escoita a liturxia de mares de saliva
que esvaran na pel, sinto como sobe a marea
do livor que conturba cada poro en silencio,

envexo o mar inmenso que desencalla os pasos
que escribín na planicie porque pode bicarte,
o mesmo mar de fóra que arreda os nosos liques
en distinto hemisferio, teño envexa do plancto
porque somos argazo que morre lentamente,

perdo salitre en ollos que se perden no inmenso
sabor dunha amargura tan grande e tan enorme
como aquel horizonte que se deita nos labios
do mar, non digo nada, non posúo palabras
para escribir relatos de náufrago no diario,

agradezo os abrazos e os beixos daquela onda
que cruza inesperada no vento de novembro
pero que sabe a pouco, que destrúe e que nada
máis que augación achega, miro de novo os peixes
escasos que unha rede de nostalxia enreda,

devolvo insatisfeito cada palabra na auga
e como o mariñeiro recoñezo na espera
unha amizade, miro de novo o mar na enchente
desta preamar, sinto como sobe a marea
do livor que conturba cada poro en silencio.

(versión italiana de Giulia Lanciani)

Vado con la voce scalza nei giorni sabbiosi
che scorrono tra le dita, reinvento nel mormorio
che si ascolta la liturgia di mari di saliva
che scivolano sulla pelle, sento come cresce la marea
del livore che turba ogni poro in silenzio,

invidio il mare immenso che disincaglia i passi
che ho scritto nella pianura perché possa baciarti,
lo stesso mare esterno che allontana i licheni
in un altro emisfero, ho invidia del plancton
perché siamo alga che muore lentamente,

perdo salnitro in occhi che si perdono nell’immenso
sapore d’un’amarezza così grande, così enorme
come quell’orizzonte che si stende sulle labbra
del mare, non dico niente, non possiedo parole
per scrivere resoconti di naufragio nel diario,

ringrazio gli abbracci e i baci di quell’onda
che incrocia inaspettata il vento di novembre
che però sa di poco, che distrugge e che niente
più che un acquazzone porta, guardo di nuovo i pesci
scarsi che una rete di nostalgia cattura,

restituisco insoddisfatto ogni parola all’acqua
e come il marinaio riconosco nell’attesa
un’amicizia, guardo di nuovo il mare nella piena
di quest’alto flusso, sento come sale la marea
del livore che turba ogni poro in silenzio.

X
Ni al mar, ni al cos ni al cel no hi ha camins
que ens recordin l’amor que hi hem deixat:
cal inventar un poema cada tarda
per retenir els colors que hem oblidat.
Olga Xirinacs

podo coñecer fácil a perfección da letra
ben garabateada no brancor e o silencio
do papel e da noite, caligrafía usada
e desgastada adrede para amarte de modo
despacioso nos textos, como única maneira

que teño polo de hoxe de posuirte e serche
grato e escribir pingas de amor nas túas formas.
podo coñecer fácil a perfección do verso
máis puro e traballado nas páxinas dunha ocre
ausencia reflectida, convoco deste xeito

a beleza do corpo no pulmón das palabras
que recito nas prazas e alamedas, nas salas,
nos cafés, nos teatros, lugares onde atopo
sempre a túa cadeira que me escoita, vacío
o respaldo, frialdade que aínda proporciona

máis frío nas estrofas do libro e na cabeza
despistada dun home que se pregunta o senso
de ler a intimidade de corazón e sabas.
podo coñecer fácil a perfección da escrita,
a exactitude no uso das palabras gastadas

pola literatura de centos de escritores
que xa cantaron versos de amor e desamor
pero nada no mundo retrata nos meus ollos
o sensitivo goce da harmonía dos breves
momentos onde tremo coa túa inmensidade.

(versión italiana de Giulia Lanciani)

Posso conoscere facilmente la perfezione della lettera
ben tratteggiata sul biancore e il silenzio
del foglio e della notte, calligrafia usata
e dissipata proprio per amarti in modo
pausato nei testi, come unica maniera

che almeno oggi ho di possederti ed esserti
grato e scrivere stille d’amore nelle tue forme.
posso conoscere facilmente la perfezione del verso
più puro e lavorato sulle pagine di un’ocra
assenza riflessa, convoco in tale guisa

la bellezza del corpo nel polmone delle parole
che recito nelle piazze e nei viali, nelle sale,
nei caffè, nei teatri, luoghi in cui ritrovo
sempre la tua sedia che mi ascolta, vuoto
lo schienale, freddezza che ancora comporta

più freddo nelle strofe del libro e nella testa
fuorviata di un uomo che si chiede il senso
di leggere l’intimità di cuore e di lenzuola.
posso conoscere facilmente la perfezione della scritta,
l’esattezza nell’uso delle parole consunte

dalla letteratura di centinaia di scrittori
che hanno già cantato versi di amore e disamore,
però nulla al mondo riflette nei miei occhi
il sensitivo gusto dell’armonia dei brevi
momenti in cui tremo con la tua immensità.

Z

Amori impossibili
come
sono effettivamente impossibili le colline.
Andrea Zanzotto

nas bandeiras da tarde rebenta a utopía,
en ollos como puños o amor é como berro
de alcohol na ferida, desencaixados rostros
son patria desta dor e no plural das horas
exorcizo a fereza da desesperación.

a imposibilidade de amar é o argumento
de todas as palabras que pronuncio, nos himnos
non invoco aos deuses nin a antigos heroes,
só teño nos meus labios o nome dunha deusa
mortal que me arrebata cada paso do tempo.

metáforas potentes encobren o sinxelo
discurso da hemorraxia mentres un sangue doce
e mesto engorda as bocas dos máis incomprendidos
poemas que nas nubes teño escrito para ela,
co lapis dos meus soños e o cuspe da amargura.

deixo atrás un vacío no caixón da memoria,
centos de documentos íntimos esparexo
no cartafol de versos e os amigos dubidan
de min pois fun sincero para os trasnos da imprenta
e hipócrita co aprezo de abrazos transparentes.

nunca quixen amigos para dicirlle amor
e dáballe as palabras aos paxaros, acaso
escoitase pardelas, rulas ou estorniños
pero ela nunca soubo que era este corazón
o culpable das aves de viaxe migratoria.

(versión italiana de Giulia Lanciani)

Nelle bandiere della sera esplode l’utopia,
in occhi come pugni l’amore è come urlo
di alcol sulla ferita, volti sfigurati
sono patria di questo dolore e nel plurale delle ore
esorcizzo la ferocia della disperazione.

l’impossibilità di amare è l’argomento
di tutte le parole che pronuncio, negli inni
non invoco gli dei né antichi eroi,
solo ho sulle mie labbra il nome di una dea
mortale che mi carpisce ogni passo del tempo.

metafore possenti nascondono il semplice
discorso dell’emorragia mentre un sangue dolce
e denso ingrassa le bocche dei più incompresi
poemi che nelle nuvole ho scritto per lei,
con il lapis dei miei sogni e la saliva dell’amarezza.

mi lascio dietro un vuoto nel cassetto della memoria,
cento intimi documenti dissemino
nel diario di versi e gli amici diffidano
di me poiché sono stato sincero con i folletti della stampa
e ipocrita nell’apprezzare abbracci trasparenti.

non ho mai voluto amici per dirle amore
e affidavo le parole agli uccelli, nel caso
ascoltasse gabbiani, tortore o stornelle,
ma lei non ha mai saputo che era questo cuore
il colpevole degli uccelli migratori.

Esta entrada foi publicada en Estudos literarios, Literatura medieval, Memoria Literaria, Poesía, Premios, Versións ou traducións. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *